PARABÉNS JOAQUIN
SELECCIONADO PARA ASISTIR Á OLIMPIADA DE QUÍMICA
A comunidade educativa do IES SÁNCHEZ CANTÓN quere felicitar ó noso alumno Joaquín Carral Ortigueira
Será o encargado de representar a Pontevedra na XXVII Olimpíada Nacional de Química que se celebrarán en Oviedo entre o 25 e o 27 de abril.
O alumno de 2º Bacharelato do IES Sánchez Cantón de Pontevedra Joaquín Carral Ortigueira, acadou un meritorio 2º posto na sede de Vigo e o 5ª posto a nivel de Galicia na XXXI edición da Olimpiada Galega de Quimica, obtendo unha excelente calificación de 57.35 puntos nas probas que se desenvolveron en Vigo o día 7 de Marzo e nas que participaron un total de 108 alumnos de toda Galicia.
Logo desta clasificación, Joaquín clasificouse para as probas da fase Nacional a celebrar en Oviedo do 25 ó 27 de Abril de 2014 ó acadar un dos 3 primeiros postos na súa zona de participación. Participaron ademáis polo noso centro e con uns excelentes resultados os alumnos: Carlos de Frías Polo 2º A, José Rodríguez Gago 2ºC, Irene Piñeiro Bugallo 2º A, Miguel Cortizo Otero 2º B e Valentín Estévez Souto de 2º A.
A nosa noraboa para todos eles e para o seu profesor D. José Manuel Dapena Márquez, que acompañou ó alumnado nas probas.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014