PABLO CACHEDA COMENTARIOS IV
ALUMNAD0 2ºD COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
MARCOS
Bos días Pablo. Fixéchelo moi ben onte, semellabas un experto en charlas, non sei como non pasaches vergoña ou similares, supoño que xa estarás acostumada a dirixirse a un amplo número de xente, nas rodaxes ou mesmo nas épocas de elección de actores.
En canto a web, paréceme un programa súper orixinal e que seguro que seguirei con entusiasmo. Ademais igual ata podo aprender algo jeje. Sinceramente pareceume unha serie graciosa, ainda que non con esa clase de humor malo de risas enlatadas.
Por último, gustoume, ainda que menos,a "película" que fixeches en cuarto da eso. Nos tamén fixemos unha película nese curso, aínda que a nosa era moitísimo peor. A pesar diso, comprobei o duro que é elaborar guión, buscar a toma que quede mellor, evitar os ataques de risa.. non é nada sinxelo ser actor, director, cámara ou similares, e, dende aquelo, respecto moito máis esta profesión.
Moita sorte en todo o teu traballo, continúa coa tua paixón e non renuncies nunca aos teus soños!
VICTOR ACUÑA
Boas Pablo, por desgraza non puiden asistir a túa interesante charla, cousa que me deu moita magoa pois tiña ganas de coñecer ao creador dunha serie tan novidosa pero aínda así vin algúns capítulos da túa webserie e sinceramente encantáronme, están moi ben feitos e os guións son perfectos. Fixeime moito nos personaxes xa que moitos deles son compañeiros meus. Hai que destacar a súa actuación pois malia ter un papel cortiño non se lles pode por ningunha obxección. O tema das clases de social fixéronme moita graza, a forma de actuar dos actores foi incrible. Por último gustaríame comentarche algo sobre un traballo que fixeras en 4 da ESO cando tiñas de profesor a Anxo. É incrible que xa naquel tempo sen contar coas tecnoloxías actuais puideses elaborar semellante vídeo, por certo moi elaborado e o tema bastante bo. Vese que xa dende mozo tiñas interese e claro polo que ías facer. Unha das cosas que máis me sorprenderon do vídeo foi o do final friki, final feliz ou malo. Un traballo de sobresaínte.
Espero que teñas moita sorte coas túas webseries e que algún día chegues a ser un importante director de cine, moita sorte na túa tarefa xenio.
MARÍA
Vinme todos os capítulos desta primeira temporada da serie e con seguridade podo dicir que espero ansiosa a seguinte. A idea principal, o argumento, é algo novidoso que chama moito a atención, unha vez que ves o primeiro capítulo e escoitas ó final o tema do seguinte vídeo, tes o desexo de velo, e así con todos. Respecto a montaxe e realización, pareceume incrible. Comprendo que a serie está creada por profesionais coma ti, mais non deixa de sorprenderme a gran calidade de imaxe e o ben que está realizada a montaxe, os efectos, as transicións entre as escenas, etc. Os actores, por outra banda, son os adecuados, nótase naturalidade neles e a parella de protagonistas, Marta e Carlos, parécenme, na miña opinión, moi bos actores. A xente pode pensar que os actores das web series son menos que os das televisivas, mais eu creo que non. E poñendo como exemplo a estes dous mozos, nótase a preparación e a vocación que teñen para a interpretación.
O profesor Anxo ensinounos o vídeo que realizaches na súa clase fai uns cantos anos xa, e tamén sorprendeume. Soubestes compensar a pouca calidade de imaxe coa que contábades cunha gran montaxe, engadindo, por exemplo, as opcións para elixir o final.
Quizais nuns anos volvemos atoparnos, pero esta vez, se o destino quere, pode ser nun plató, nun estudio de produción… Saúdos e apertas!
A.E.A
A.E.A:
Bos días Pablo, en primeiro lugar darte parabéns e as grazas de que xente xove coma ti faga este tipo de proxectos,por exemplo coma as clases do social, se che digo a verdade cando o profesor Anxo nos dixo que nos ia ensinar a webserie pensei que sería un video normaliño e pouco currado a verdade e que cando o vin quedei abraiada encantoume e pareceume entretido os temas que se tratan na webserie. En canto os actores notase que e xente preparada e con formación integraronse perfectamente no papel e o ambiente do colexio estibo moi ben xa que n os foi un escenario preparado senón o noso instituto.
En resumo este foi un dos mellores traballos que puiden ver, este tipo de traballos encántame xa que desde os tres anos ata os 17 fixen teatro cando chegei o instituto tiven que deixalo inda que o verán pasado fun gravar un corto o colexio Santa Irene de Vigo.
Respecto o de 4ºE.S.O non o puiden ver inda que me contaron un pouco por riba o que fixeron, so dicir que tedes moi boas ideas e que sigades con estes traballos.
Un saudo e sorte.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014