BEN VEÑAS, MAIO 2014
BASES
BASES XERAIS
Para todos os certames, agás o musical:
- Poderá participar o alumnado matriculado nos institutos públicos do concello de Pontevedra.
- .Cada participante poderá presentar cantas obras queira.
- O alumnado participante non fará figurar o seu nome nas obras. Xunto con estas entregarase un sobre pechado que conterá os datos persoais: nome, idade, enderezo, teléfono, curso e instituto no que estuda. No exterior figurará o título da obra a carón do pseudónimo do autor ou autora, a modalidade á que se presenta e, se é o caso, a categoría na que participa.
- O xurado que cualificará os traballos será designado pola Comisión Organizadora e só a el corresponde a interpretación das bases. O seu veredicto será inapelable.
- Tódalas obras presentadas poderán ser reproducidas, expostas ou editadas.
- Os traballos entregaranse aos membros dos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos institutos.
- O prazo de admisión de traballos remata o día 31 de marzo de 2014.
- O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse ao remate do certame musical “Ben veñas, maio” do sábado, 10 de maio de 2014.
- Ademais dos premios establecidos, o xurado poderá outorgar cantos accésits considere oportunos. Os accésits consistirán nun lote de libros.
BASES ESPECÍFICAS
XIII CERTAME DE FOTOGRAFÍA BEN VEÑAS, MAIO.
- As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente o uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias, pintadas, indicadores, etc.
- Cada fotografía achegarase cun comentario en galego que xustifique o interese da imaxe obtida, así como o lugar e a data de obtención.
- A técnica fotográfica e o tamaño serán libres.
Primeiro premio: 150 € , lote de libros e diploma
Segundo premio: 75 €, lote de libros e diploma.
XXI CERTAME DE BANDA DESEÑADA BEN VEÑAS, MAIO.
- As obras serán orixinais e inéditas. No tema deberá reflexionarse sobre o uso e
- Poderá utilizarse calquera técnica, mais só en branco e negro. O formato será DIN-A4 ampliación ou reducións proporcionais.
- A extensión será de dúas páxinas como mínimo e de seis como máximo.
- Deberán presentarse orixinal e fotocopia de cada unha das obras.
- Establécense dúas categorías:
Categoría B: a partir de 15 anos.
Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € , lote de libros e diploma.
Segundo premio: 75 €, lote de libros e diploma.
XXI CERTAME DE NARRACIÓN CURTA BEN VEÑAS, MAIO.
- O tema das narracións será libre. As obras deberán estar escritas en lingua galega e serabsolutamente orixinais e inéditas; terán unha extensión mínima de dous folios emáxima de seis, mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara e con letra TimesNew Roman do tamaño 12.
- Os participantes entregarán o orixinal e enviarán o texto por correo electrónico ao enderezo bvmaio2014@gmail.com
Categoría A: ata 14 anos inclusive.
Categoría B: a partir de 15 anos.
Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € , lote de libros e diploma.
Segundo premio: 75 €, lote de libros e diploma.
XIII CERTAME DE POESÍA BEN VEÑAS, MAIO.
- O tema dos poemas será libre, e no tocante á extensión, un máximo de trinta versos.
- As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e mecanografadas a dobreespazo, por unha soa cara e con letra Times New Roman do tamaño 12.
- Os participantes entregarán o orixinal e enviarán o texto por correo electrónico ao enderezo bvmaio2014@gmail.com
- Establécense dúas categorías:
Categoría B: a partir de 15 anos.
- Os premios serán os seguintes:
Segundo premio: 75 €, lote de libros e diploma.
XVIII SEMANA TEATRAL BEN VEÑAS, MAIO.
Mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos. Este certame desenvolverase durante os días 7, 8 e 9 de maio no Teatro Principal e segundo un programa que se anunciará previamente nos propios centros.
XV CERTAME MUSICAL BEN VEÑAS, MAIO.
- Poderán participar todos os grupos musicais e/ou solistas, sempre que a maioría dos seus compoñentes estean matriculados/as nalgún instituto público de Pontevedra.
- Ningunha persoa poderá participar en máis dun grupo.
- Cada grupo ou solista interpretará dúas pezas orixinais, en calquera estilo musical, de xeito que as súas letras se axusten ás condicións seguintes: o texto da primeira peza será un poema de autoría propia; o texto da segunda peza será dun poeta ou dunha poetisa con obra en galego. En ambos os dous casos, os textos deben ser en galego. Asemade, a presentación do grupo e das cancións, ao igual que calquera tipo de manifestación de carácter oral dirixida ao público, deberá facerse en lingua galega.
- Os textos das cancións deberán ser entregados á Comisión Organizadora unha semana antes da celebración do concurso.
- As inscricións dos 7das participantes faranse diante dos profesores/as que coordinen o ENDL de cada centro. O prazo rematará o 31 de marzo de 2014.
- A celebración do certame será o 10 de maio , sábado, no Pazo da Cultura , e a hora de comezo anunciarase oportunamente. O acto será público.
- A coordinadora dos ENDL nomeará un xurado que decidirá os tres primeiros grupos ou solistas clasificados.
Primeiro premio: 400 € e diploma.
Segundo premio: 350 € e diploma.
Terceiro premio: 150 € e diploma.
O anuncio do veredicto do xurado e a entrega dos premios realizaranse ao remate do propio certame.
A interpretación destas bases corresponde ao xurado. O seu veredicto será inapelable.