Come to our trip!
Trip to London. EOI de Santiago de Compostela
VIAXE A LONDRES: 4-8 DE MARZO DE 2014
- Quen organiza a viaxe?
O departamento de inglés da EOI de Santiago de Compostela.
- Cando é a viaxe?
É en marzo do 2014, saída o martes día 4 de marzo e volta o sábado día 8 de marzo.
Que teño que facer se quero ir á viaxe?
Aqueles/as estudantes interesados/as en facer a viaxe, deben enviar un correo
electrónico ao enderezo
entre o xoves 14 de novembro e o martes día 19 de novembro, como DATA LÍMITE.
No correo debedes achegar os seguintes datos:
Nome e apelidos, DNI, nº de contacto e e-mail, curso e nome do teu/túa profesor/a.
Só se admitirá un correo electrónico por alumno/a.
Atenderanse as reservas por estrita orde de chegada dos correos electrónicos válidos (recibidos entre as datas especificadas e que conteñan os datos requeridos dun só/a alumno/a).
Os 25 primeiros correos recibidos recibirán un email coas instrucións para o pagamento do depósito (200 euros, non reembolsables) e as datas para o segundo pagamento.
O resto dos solicitantes quedará nunha listaxe de espera e serán avisados se queda algunha praza vacante.
- Que profesores da EOI nos acompañan?
Isabel Doviso (Sección de Negreira) e Juan Lago (Vite)
- Canto custa?
O prezo final será entre 450-500 euros. (Como é un vóo de baixo custo, esta cantidade pode variar lixeiramente en función da demora nas reservas).
O prezo inclúe billete de avión i/v, aloxamento en cuarto dobre (son 11 cuartos dobres e un triple, total 25 prazas) con almorzo e desprazamentos do aeroporto de Londres ao hotel e viceversa. O prezo non inclúe entradas de atraccións, transporte urbano, comidas…
Os museos en Londres son gratis (British Museum, National Gallery, Tate Modern…)
- Quen pode ir?
Só alumnado oficial da EOI de Santiago (Vite e seccións), maior de idade, e terá preferencia o alumnado de inglés.
- Que documentación teño que levar?
- DNI ou pasaporte válido
- Tarxeta sanitaria europea (tramítase ao momento nas oficinas da Seguridade Social)
Máis información en:
- Onde nos aloxamos?
Royal National Hotel (Está na área de Bloomsbury, ao lado do Museo Británico).
· Enderezo: 38-51 Bedford Way London WC1H 0DG
· Teléfono: + 44 (0) 20 76372488
· Parada de metro máis próxima: Rusell Square
http://www.imperialhotels.co.uk/royal-national
A tarifa inclúe "Continental Breakfast"
Horario do almorzo: de 7:00 a 10:00 (7:30 a 10:30 o domingo)
- Que imos facer en Londres?
A viaxe é cultural e ten fins educativos. Aínda que teredes tempo libre, hai actividades de grupo. Así podedes afondar na cultura inglesa e tedes tamén opción a pór en práctica os vosos coñecementos lingüísticos.
PLANNING POR DÍAS
- MARTES: 4 de marzo.
Saída do aeroporto de Santiago. Hai que estar no aeroporto ás 12.30 aprox. Saída do avión 14:25 (2:25 pm).
17:00 (Aprox).
Chegada ao hotel en Londres. Facer o check in. Mini reunión de grupo na recepción para lembrar o planning, some dos and don´ts.
18:00 Paseo ata Picadilly Circus, Leicester Square e Covent Garden e podemos rematar en Trafalgar Square. Tempo libre para cear.
- MÉRCORES: 5 de marzo.
Almorzo no hotel
(Se houbera un número mínimo de xente interesada (10), este día podería organizarse unha saída aos Kew Gardens ou a Hampton Court Palace)
10:00 Saída do hotel. Metro ata St. Paul´s . Visita a St. Paul’s Cathedral e paseo ata chegar a Tower of London e Tower Bridge.
· Prezo da entrada á Torre: 19,50 £ (15 £ aprox. para grupos de 15 persoas).
Como esta actividade é cara, é probable que moitos non teñan interese. (Se queren ir algúns fanse dous grupos: un grupo entra á Tower e o resto do grupo ten tempo libre na zona de Tower Bridge).
13:30 Xantar
15:30 Paseo por Southwark para ver o Globe Theatre, a Tate Modern, e o Millenium Bridge.
· Prezo da entrada ao Globe Theatre: 11,00 £ con tarxeta de estudante. (inclúe exposición + visita guiada). (Opcional).
A entrada á Tate Modern é gratuíta (excepto ás exposicións temporais ou exclusivas). Aberta ata as 18:00 horas.
Continuar ata London Eye.
Prezo: 15 £ aprox. (Ofrecemos esta opción xa que noutras viaxes houbo alumnos interesados en subir ao London Eye).
- XOVES: 6 de marzo
Almorzo no hotel
10:00 Metro ata Notting Hill Gate para ir ao mercado de Portobello Road/podería ser Camden Town market. (Haberá que elexir un dos dous ou facer dous grupos segundo os intereses do grupo).
13:30 Xantar
14:30 Metro ata Charing Cross Road para ir á National Gallery (entrada gratuíta, aberta ata as 18:00 horas)
Tempo libre para explorar Soho, Chinatown, as librarías de Charing Cross Road, os teatros do West End, Picadilly, Oxford Street, os pubs e restaurantes de Old Compton St…
20:00 Opcional ir a un musical no West End.
- VENRES: 7 de marzo
Almorzo no hotel
10:00 Saída do hotel. Visita ao British Museum
· Entrada gratuíta
· O museo pecha ás 17:30, pero algunhas galerías permanecen abertas ata as 20:00 horas
13:30 Xantar
15:00 Paseo ata Westminster para ver o Big Ben, Houses of Parliament e Westminster Abbey
· Prezo da entrada para ver o interior de Westminster Abbey: 15 £ aprox. (Opcional)
Paseo ata Green Park para ver Buckingham Palace.
Continuamos ata Harrod’s (actividade opcional, en función da hora e das enerxías/interés do grupo). Tempo libre para compras.
SÁBADO: 8 de marzo.
- 05:35 Saída do hotel. Transporte ata o aeroporto de Gatwick
- 08:00 Saída do aeroporto de Gatwick (Londres)
- 11:00 Chegada ao aeroporto de Santiago.