A Revolución Francesa

1789-1799

Introdución

A Revolución Francesa foi un conflito social e político, con diferentes periodos de violencia que abalaron a Francia e, por extensión, as súas implicacións para outros países europeos afrontaron partidarios e opositores coñecidos como o sistema de Antigo Réxime. Todo comezou coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asamblea Nacional en 1789 e rematou co golpe de Estado de Napoleón Bonaparte en 1799 .

Causas da Revolución Francesa.

As causas da Revolución Francesa foron principalmente por temas económicos,sociais e político ideolóxicas.
Dentro do sector económico:
  • Crisis financieira provocada pola Guerra dos Sete Anos que foi dende o ano 1756 ata 1763, e pola axuda prestada aos colonos ingleses na independencia dos Estados Unidos.
  • As malas colleitas que elevaron o precio do pan e provocaron motíns dos grupos menos favorecidos.
  • Grandes gastos do Estado polo que se obligou que tributasen os privilixiados.


No sector social:

  • A nobreza opense ás reformas económicas que lle obligaban a pagar impostos e provocaron o seu fracaso.
  • A burguesía desexaba ocupar o poder político a costa da nobleza e para iso valeuse das clases populares.


No político ideolóxico:

  • As ideas da Ilustración proporcionaron bases ideolóxicas para facer desaparecer o Antigo Réxime.
  • A independencia americana demostrou que era posible levar esas ideas a cabo.
Big image

O proceso da Revolución Francesa

Os Estados Xerais en Francia do Atigo Réxime eran unhas asambleas convocadas polo rei á que acudían os representantes de cada estamento. Os Estados Xerais de 1789 foron os únicos convocados despois do 1614. Foi unha asamblea xeral composta polos representantes de todos os segmentos da sociedade francesa. A independencia que demostraron os deputados do Terceiro Estado con respeto aos dous primeiros estamentos e á Coroa, marcou o inicio da Revolución Francesa.

A Monarquía Constitucional constitúe a primeira etapa da Revolución. En 1791, Luís XVI fai pasar a Francia de monarquía absolutista a monarquía constitucional. A monarquía constitucional rematou no ano 1792 cando a asamblea lexislativa proclamou a abolición da monarquía dando paso á Primeira República Francesa.

A Fuga de Varennes foi un episodio da Revolución francesa no que a Familia Real tivo un grave decaemento na súa autoridade ao intentar escapar ao estranxeiro facéndose pasar por unha familia aritócrata rusa.

O Terror foi un período da Revolución Francesa que se simboliza coa guillotina xa que cando os xacobinos radicais colleron o control da Convención Nacional, comezou unha campaña de execucións que se estendeu por todo o país. Ningún membro da sociedade estaba a salvo das mortes que trouxeron as motivacións políticas, a ambición e o desacordo. Hoxe en día, o Terror segue sendo un punto esencial na historia da Revolución Francesa, que trae á mente as imaxes máis aterradoras dese tempo.

O Imperio Napoleónico, cubre dende o período de coronación do emperador Napoleón Bonaparte ata a súa abdicación, en 1815. Foi o primeiro Imperio francés un estado soberano que abarcou unha gran parte de Europa occidental e central. Mantivo un goberno titularmente constitucional, sin embargo, o emperador ostentou de autoridad casi absoluta debido á súa relación co exército. Aínda así, foi fundado e gobernado nas bases da Revolución Francesa. Napoleón I, foi elixido como soberano por unha eleción nacional, establecendo un estado continental moi comparable ao Imperio romano. Ademais, aceptáronse moitas leis, reformas e novos traballos que lle deron a Francia unha prosperidade nunca antes vista.

Protagonistas da Revolución Francesa.

Dentro da nobreza en contra dos movementos literais estaban:
  • Luís XVI (1754-1793). Foi o rei de Francia e de Navarra, casou con María Antonieta de Austria en 1770. Durante o seu reinado, o Terceiro Estado separouse dos Estados Xerais formando a Asamblea Nacional. Foi executado en xaneiro de 1793 condenado por conspiración.
  • María Antonieta (1755-1793). Foi a raíña de Francia, esposa de Luís XVI. En 1785 protagonizou o chamado "escándalo do colar", donde se reclamou o pago dun colar de diamantes. A raíña acusou ao cardenal de Rohan de habela involucrado no caso do colar. María Antonieta foi encarcelada e condenada á morte por alta traición o 16 de outubro de 1793.
  • Conde de Artois, Charles-Philippe (1757-1836). Era o irmán menor de Luís XVI. Foi un dos máximos expoñentes da contrarrevolución. Tivo que exiliarse a Gran Bretaña antes da toma da Bastilla. Despois da Revolución asumíu o Reinado de Francia co nome de Carlos X. Foi o último rei da dinastía borbónica francesa.


No sector revolucionario destacaron:

  • Maximilien Robespierre (1758-1794). Estudou leis e foi admitido no tribunal de Arrás en 1771. Representou ao Terceiro Estado nos estados xerais de 1789. Fundou o club dos xacobinos implantando no "Goberno do Terror", guillotinando aos seus opositores. Foi apodado como o "incorruptible". Morreu executado polos moderados xirondinos en 1794.
  • George Jacques Danton (1759-1794). Estudou Dereito en Reims. Foi avogado do Consello do Rei en 1787. En 1790 fundou o club dos Cordeliers, xunto con Marat e Desmoulins e foi elixido presidente. Tivo odeas parecidas aos dos xacobinos pero máis radicais. Foi guillotinado en 1794 acusado por enemigo da República.
  • Jean Paul Marat (1743-1793). Foi periodista, científico e político. Integrou o club dos xacobinos. Publicou artículos atacando a poderosos como "El amigo del pueblo", polo que estivo un mes en prisión. Opúxose ao absolutismo monárquico e aos revolucionarios moderados. Integrou o club dos Cordeliers, tendo que fugarse a Londres. Foi asesinado pola aristocracia xirondina.
  • Emmanuel Joseph Sieyès (1748-1836). Era o representante do Terceiro Estado. Estaba a favor da constitución en votou a favor da morte de Luís XVI. Era eclesiástivo de ideas liberales e defendeu as terras da igrexa. Non foi víctima da revolución, pero sí sufreu o exilio.
  • Jeanne-Marie Roland (1754-1793). Era unha revolucionaria xirondina que foi condenada á morte. Defendeu ao seu esposo, tamén xirondino, cando foi acusado e éste ao enterarse da execución da súa esposa, suicidouse.
  • Jacques René Hébert (1757-1794). Foi membro do club dos Cordeliers a partir de 1791. Tivo ideas antimonárquicas e anticleriales, ademais de antixirondinas. Foi un dos ideólos do Goberno do Terror e as súas accións foron máis crueles cas de Robespierre, ao que calificou de conservador. Morreu guillotinado.

Extensión da Revolución Francesa.

Big image
Cómo cambió Francia con la Revolución Francesa