PABLO CACHEDA COMENTARIOS V
ALUMNAD0 2ºD COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
CRISTINA
Ola Pablo, eu quería dicirche que me pareceu moi interesante a charla que nos deches, sobre todo porque aprendín cousas que non sabia e que sempre tiña a curiosidade de preguntalas como por exemplo o que hai detrás das cámaras , non sabia que houbera tanta xente e que cada un tivera o seu propio papel para contribuír a facer unha serie tan marabillosa coma "clases de lo social".
En canto a esta webserie tan marabillosa de "clases de lo social" que foi un gran traballo por parte de todo o equipo, quería dicir que pareceume moi interesante polo tema que trata, sobre como facer en situacións incómodas que sempre nos encontramos algunha vez, pero tamén pareceume moi divertida. os actores creo que tamén o fai moi ben e que ten que ser moi bos para meterse nese papel tan difícil para a miña opinión. Creo que deberiades facer mais temporadas porque creo que vai ter moito éxito.
E por último, en canto ao que fixechestes en cuarto da ESO pareceume un traballo moi bo, e aínda que non tiverades os medios necesarios para facer un bo vídeo pareceume que estaba moi ben feito , non como a serie que fixeches agora pero a esperaba peor cando o outro día nos dixeches que fixeras un traballo con poucos medios. Tamén pareceume moi divertida e rinme moito e gustoume moito o de que puxerades os dous finais, o triste e o feliz, onde a xente pode elixir o final que quere pero o que máis me gustou foi o final friki , a verdade e que me gustou moito e rinme moito con este vídeo en especial. pareceume que tiveches que facer un gran traballo entre o guión, a cantidade de escenas que fixeches e outras cousas máis que creo que levou moito traballo pero que como recompensa quedou moi ben.
Grazas por todo, un saúdo
MARÍA
Boas Pablo, para empezar quería agradecerte a túa visita, o que nos explicaches realmente foi moi interesante e axudou a moitos dos meus compañeiros a tomar decisións para encamiñarse coma ti polo ciclo ou carreira de audiovisuais.
En relación co que ti explicaches, sobre a produción e rodaxe dos vídeos moitos non crían que se necesitara tanto persoal.
Ao longo desta semana vimos algúns episodios que realmente parecéronme moi bos, utilizar como personaxes aos alumnos do instituto pareceume moi boa idea. Falando dos persnoaxes, o papel de Carlos e da súa noiva, parecéronme que os actores os caracterizaban realmente xenial e que otros non o saberían facer mellor, a parella que interactúan na serie parece unha parella de verdade; pero non so eles son bos actores, o reparto en xeral.
RODRIGO
En canto á webserie, pareceume moi orixinal e interesante, sobre todo pola forma de realizalo en Pontevedra con alumnos e polo argumento, bastante novidoso na miña opinión. A verdade e que penso ver máis capítulos porque é divertida e sobre todo efectiva polo seu formato curto sen momentos de aburrimento. Tamén o traballo dos actores está ben feito, mesturando intérpretes escollidos con alumnos que o fan bastante ben.
Tamén vimos onte o voso vídeo de 4º da ESO e sinceramente me pareceu moi bo e simpático, ben feito para a idade que tiñades e con boas ideas.
Unha aperta e a seguir así!!!
ALBA
Hola Pablo! Saúdote dende a aula de informática para felicitarche polo traballo realizado.
Supoño, que ao princicipio non saberías se iso iba a saír ben ou non, e xa viches que foi un éxito. Paréceme unha gran idea o que ti pensaches en facer, unha serie coas clases do social, como alguén debe contestar de forma que non quede de "sobrao" nin que non saibapa que contestar.
Unha pregunta que me interesa, é que cómo se che ocorreu facer unha serie con ese tema, e que como chegaches a esa idea.
Tamén emocióname que non fai falta ser alguén importante, se non que eres un alumno mais que estivo aquí e chegaste a isto, por iso tamén che dou a enhoraboa.
En canto a web, paréceme un ambiente bo, cuns actores que ao meu parecer metéronse moi ben no seu papel e souberon meterse ben na historia que lees acontecía, e en relación co tema podo dicir que está moi ben, xa que na serie aparecen situacións que perfectamente se adaptan a vida cotiá dos nosos días..
IAGO
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014