BOAS FESTAS

DENDE A BIBLIOTECA DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

Un curso máis ofrecemos a xa tradicional escolma de Autopréstamo no vestíbulo que podedes gozar nas vosas casas durante estes días de lecer. Que ben quedan os libros entre as tarxetas do certame do Nadal organizado polo Grupo de Normalización Lingüística e o Departamento de Plástica. Cantos artistas temos no centro!

Aproveitamos para renovar o noso agradecemento a toda a comunidade educativa e expresar os nosos desexos para que o 2013 sexa un pouco máis luminoso.


Nadal 2012-13

Se estás interesado nos títulos, autores e reseñas da exposición entra nesta ligazón.

Atoparás unha información moi detallada.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA.