SÓS

Aerials e Manuel Antonio

Rematou o Ben veñas Maio 2013 no Pazo da Cultura de Pontevedra o 11-5-13. Nada menos ca oito grupos musicais. Os nosos Aerials interpretaron O grito (non podemos vivir axeonllados, temos que nos erguer) e Sós (unha fermosa versión dun dos mellores poemas da literatura galega) de Manuel Antonio. Tamén se entregaron os premios dos concursos

IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA


Aerials. Sos de Manuel Antonio

SÓS

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d' o horizonte

Este oucéano desatracóu d'as costas
e os ventos d' a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d' unha singladura
N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
Nós.

Manuel Antonio (1993) Poesía galega completa. Barcelona: Sotelo Blanco Edicións