PABLO CACHEDA COMENTARIOS II
ALUMNAD0 2ºE COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
GRUPO II
- En primeiro lugar agradecemos a visita e que compartiras con nós as túas experiencias.
- A curtametraxe reflicte dalgún modo todas as situacións incómodas que se nos presentan na vida diaria e dá posibles solucións a estas dunha forma entretida ou amena que permite observar as diversas reaccións humanas, malia isto cremos que en momentos faise un pouco repetitiva tendo en conta a web serie. Persoalmente cremos que a web serie supera a curtametraxe tanto na exposición dos temas como na montaxe. Quizais pasados uns capítulos debería aplicárselle unha renovación de temas posto que a extensión do tema das clases do social pode chegar a ser un tanto aburrido.
- Para rematarmos gustaríanos desexarte moita sorte, felicitarte polo esforzo e polo traballo realizado e animarte a seguir adiante con todos os teus proxectos.
- Un aperta,
É de agradecer que de cando en vez pasen polo insituto xente cuxas ambicións nos amosen unha maneira de facer ó que te guste, aínda que sexa complicado. Na actualidade internet é un soporte idóneo para poder mostrar as túas creacións, de calqueira tipo, e pode parecer que subir vídeos a Youtube, non é algo que poida parecer moi profesioinal, pero cada vez máis xente usa esta ferramente para expoñer traballos cada vez máis elaborados.
Penso que eu non son que de xulgar, pero podo dicir que Clases de lo social, entraria no grupo de cousas que se deben ver ó menos para darlle unha oportunidade, aporta orixinalidade e crítica, aínda que pode que non conte con todos os medios necesarios, e por iso non acade todo o seu esplendor. Aínda así, semella que cun director comprometido e con ganas de traballar, pode ser ó principio dunha carreira exitosa-
Esta webserie pareceume un boa forma de comezar no mundo do cine, non só para o propio director da curtrametraxe, Pablo Cacheda, senón de dar a oportunidade a mozos e mozas de poder participar nesta nova experiencia e poder traballar con actores profesionais dos que puideron seguramente aprender moito, ademáis de aprender fóra do rodaxe cos demais profesionais.
En canto a webserie, gustoume porque mostra situacións cotiás coas que facilmente nos podemos identificar, ademais de que tamén nos axuda a saber como comportarse en situacións comprometidas como por exemplo, como comportarse cando vas de comida cos sogros, ou cando os teus amigos te convidan a unha festa o que tes que levar, ou como comportante co teu mozo/a… Son situacións moi usuais e que todo o mundo pode aprender delas, tanto os xóvenes como os máis maiores, polo que a webserie pode gustar a todos os públicos.
Os capítulos fixéronseme curtos, con ganas de ver máis. Na miña opinión gustaríame que continuará con novos capítulos, xa que creo que pode dar para moito e seguir amosando situación da vida real onde como xa dixen anteriormente se poderán aprender comportamentos adecuados para cada momento.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014