MAIOS 2012
ANDRADE MEDIEVAL
CEIP Plurilingüe de Andrade
Este ano elaboramos un castelo que despois decoramos con verde e flores. Tamén inventamos unha cantiga e unha danza coa que gañamos o primeiro premio no concurso dos maios de Pontedeume. Ademais o noso maio quedou de segundo na clasificación. Todo un éxito. Parabéns!!!
O NENO MAIO
Eu son o Neno MAIO.
Son un neno vestido con ramas, follas e flores. Son o rei da primavera.
Veño anunciarvos o Ciclo de Maio que comeza coa morte do inverno e o nacemento da primavera (15 de abril- 15 de maio). Neste ciclo florecen as plantas.
O fin é pedir boas colleitas e abundantes froitos.
En Galicia é unha festa moi arraigada dende antigo.