Alexandre Fernández Peón
1º Accésit, na modalidade de poesía pola súa obra “Nocturno”
Premios Literarios Minervas que organiza o Colexio Peleteiro de Santiago.
Fallo do xurado da 42 Edición dos Premios Literarios Minervas
O xurado acordou que os traballos seleccionados fosen:
MODALIDADE DE NARRACIÓN
1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a Ana María Añel Prieto, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, polo seu relato “O Segredo”.
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Alba Sofía Naseiro Lamas, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Basanta Silva de Vilalba, pola súa obra “Literatura”.
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata conmemorativa, a Sara Vázquez Mera, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Val do Tea de Ponteareas, pola súa narración titulada “Xantofila”.
O Xurado acordou outorgar os seguintes Accésits:
1º Accésit a Icía Rodriguez Arias, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu traballo “Xadrez”.
2º Accésit a Pablo Fernández Álvarez, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Auga da Laxe de Gondomar, polo seu traballo “Ninguén vive para sempre pero iso non é motivo para renderse”.
3º Accésit a Marina Ruíz Puy, de 16 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio M. Peleteiro de Santiago, polo seu traballo “Memorias dun morto”.
MODALIDADE DE POESÍA
1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa deste certame literario, a Antón Blanco Casás, de 18 anos, alumno de 2º de Bacharelato no IES Miguel Ángel González Estévez de Carril, pola súa triloxía “A danza dos xacentes”.
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Paula Antía Rey Baliña, de 17 anos, que cursa 1º de Bacharelato do IES Macías o Namorado de Padrón, polo seu poemario titulado “Oi pnéontes: os que respiran”.
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Kai Lois Baltrusch Montero, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato no Colexio M. Pelterio de Santiago, polo seu traballo “Instantáneas”.
O Xurado acordou outorgar os seguintes Accésits:
1º Accésit, a Alexandre Fernández Peón, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola súa obra “Nocturno”.
2º Accésit, a María Vilas Pazos, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato do IES Macías o Namorado de Padrón, pola súa triloxía presentada baixo o título de “O indómito do que non vibra”.
3º Accésit, a Santiago Alonso Pérez, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato do IES Monelos de A Coruña, pola súa triloxía “No campo triunfal dos mortos”.
Este ano o xurado estivo formado por:
Modalidade de NARRACIÓN:Presidente: Manuel Quintáns Suárez Escritor e Crítico Literario. Vocais: Armando Requeixo Cuba Profesor e Crítico Literario. Inmaculada Otero Varela Profesora e Crítica Literario. Amancio Liñares Giraut Profesor, investigador e vicedirector do IES Xulián Magariños de Negreira. Josefa Lourido Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro. Secretaria do Certame: Teresa González da Silva Profesora do Colexio M. Peleteiro.
Noraboa aos premiados, sorte na próxima edición aos que participaron pero non acadaron un premio e ánimo aos que non presentaron traballos para facelo o próximo ano!.
ES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014.