Crespo Rivas-Sánchez Cantón

PORTFOLIO

Rendez -vous à la bibliothèque


Dentro do marco do Portfolio Europeo das Linguas o noso centro desenvolveu durante o curso un proxecto común coa EEI Crespo Rivas arredor da biblioteca, da lectura e da importancia do coñecemento das linguas.


Os departamentos de galego, francés e inglés traballaron conxuntamente cun grupo de 2º ESO, e o equipo de profesores do Crespo Rivas dirixiu o traballo dos alumnos do último ano de Infantil.


Os resultados foron sendas presentacións das respectivas bibliotecas e a realización de diferentes videos baseados nos contos máis lidos polos alumnos de infantil. No último trimestre a actividade centrouse sobre todo na producción oral das distintas linguas traballadas e culminou cun encontro na biblioteca do Sánchez Cantón onde os alumnos de 2º Eso D recibiron con música e gastronomía francesa aos pequenos de 5 anos cos que colaboraron durante o curso.


Como despedida quixemos regalarlles o cadro que preside a nosa biblioteca realizado polos alumnos do Sánchez Cantón arredor da idea da imaxinación e a lectura que motivou o proxecto portfolio deste curso do 2012.

En definitiva, foi unha xornada moi gratificante para todos onde compartimos a paixón polas linguas.

Onde está
Queres xogar comigo
Nous chantons en francais
An English song
Dancing in the moonlight
Día das Letras. Paz de Andrade
Danzas bretonas
Caperucita Roja