VISITAMOS EDUGAL
ALUMNADO DE 4º ESO
- O Venres 12 de Abril o IES SÁNCHEZ CANTÓN visitou as instalacións de EDUGAL co alumnado de 4º ESO. Durante a visita os alumnos e alumnas visitaron os diferentes stands e recompilaron información sobre as diversas facetas e requerimentos das posibles opcións de estudos e formación que se ofertaban na mostra.
- A visita foi organizada polo Departamento de Orientación do centro. Aproveitamos a ocasión para agradecer ao devandito Departamento e á nosa orientadora Carmen Tallón pola súa constante atención á comunidade educativa.
- Pontevedra foi de venres a domingo o escenario da única feira de educación e formación de Galicia no 2013. Malia a crise económica, a asociación de empresarios da mediana e pequena empresa AEMPE conseguiu organizar unha feira con corenta institucións académicas, trece conferencias e actividades co único fin de promover a educación superior.
- Nove universidades prestixiosas de fóra de Galicia, oito escolas universitarias, cinco centros de FP e tres centros de idiomas estiveron no recinto ferial, xa que durante a última semana incorporáronse a Escola Superior de Finanzas de Coruña e UDIMA, a Universidade a Distancia de Madrid.
FONTE El Correo Galego