A luz divina
Deuses solares nas distintas civilzacións
Kinich Ahau
Como divinidade, estaba relacionado co deus primixenio Itzamná, dando calor e vida aos homes, aínda que tamén se lle relacionaba coas secas.
Todos os días iluminaba o ceo, e pola noite coa forma dun xaguar, era transportado polo mundo dos mortos (a onde tamén guiaba as almas) nunha barca sagrada, convertido así nun dos nove señores do inframundo.
Tonaniuh
Convocáronos na pira onde se realizan os sacrificios para que se inmolasen co fin de convertirse no Quinto Sol. Primeiro meteuse no lume sagrado Tecusiztécatl pero non aguantou a dor, despois meteuse Nanahuatzin, saltou del unha chispa cara o ceo, iluminouse e converteuse no Quinto Sol chamándose Tonatiuh.
Tecusiztécatl sentiu envexa, volveuse a meter e da chispa que brotou naceu outro sol. Pero os deuses menores tiveron que matalo, quedando así convertido na lúa.
Ra
Ra naceu dun ovo xurdido no interior de Nun, as augas primixenias e reinou durante moitos anos sobre Exipto. Pero disgustado pola burla á que era sometido por parte dos homes aos que beneficiara coa súa sabiduría, decidiu abandonar a terra e subir ao ceo para castigar ao xénero humano.
Con todo, acabou perdoándonos e entregou a terra aos seus fillos máis novos. Para a súa viaxe celeste o deus servíase dunha barca diurna, Mantz, e de outra nocturna, Mashkhet, sobre a cal percorría as rexións infernais, onde debía enfrentarse ás forzas do caos e saír vencedor.
Helios
Helios era un fillo dos titáns Hiperión e Tea, _irmán de Selene, a deusa da lúa, e de Eos, a da aurora - que vivía nun pazo en oriente.
Era un rapaz de extraordinaria beleza que portaba unha coroa aurífera de poderoso brillo e conducía cada día polo ceo un carro tirado por catro cabalos ata o océano, un río de occidente a través do cal regresaba a casa. O seu fillo Faetón, ao saber que era fillo do sol, insistiu en facer unha viaxe na cuádriga pero, incapaz de controlar aos cabalos, voou demasiado baixo e queimou a Terra.
Zeus entón viuse obrigado a intervir e matou ao intrépido rapaz cun dos seus raios.
Lugh
Tras nacer estes, Balor, o seu propio avó, mandou botalos ao mar, pero Lugh sobreviviu. O neno medrou con Mannanán Mac Lyr, outro deus da luz, do que aprendeu as aptitudes e habilidades que lle deron un dos sobrenomes que posúe, “ildanach”, o dos múltiples dones, deus de todas as artes e oficios, ademais de guerreiro e feiticeiro.
Lugh pertencía ás dúas familias de deuses, os da luz e os da escuridade. Pero cando ambos bandos se enfrontaron, decidiu formar parte dos deuses lumínicos e lideralos na guerra contra os do inframundo.
Na batalla matou ao rei Balor, cumprindo así a profecía. Coa axuda da súa fonda rebentoulle o ollo que causaba a morte instantánea cunha soa mirada, sendo chamado dende ese momento "o do longo brazo".
Como deus solar, Lugh posúe un arco iris e nunha das súas representacións aparece coa lanza de teixo como raio solar do amencer.
Shamash
Fillo de Sin e de Ningal, viaxa polo ceo nun carro de lume guiado polo seu visir Bunene, sondeando as tebras cos seus raios, o que o convirte no ollo que todo o ve. É "o Señor da Visión" por iso forma parte dos deuses da adiviñación; ademais, como pode ver o engano, administra xustiza premiando ou castigando as accións dos humanos.
Bibliografía e webgrafía
http://www.sabelotodo.org/religion/shamash.html
http://alonzonovelo.com/mitologia/tonatiuh/
http://mayananswer.over-blog.com/article-k-in-ich-ahau-el-rostro-del-sol-52670914.html
http://www.egiptologia.org/mitologia/panteon/ra.htm
http://sobreleyendas.com/2012/04/30/helios-el-dios-sol/
https://irlandairlanda.wordpress.com/2008/03/21/mitos-celtas-%E2%80%93-el-dios-lugh/
BELMONTE,M y BURGUEÑO,M, El libro de la mitología.Madrid. Libsa 2012
COATS,L, Los 100 mitos griegos. Madrid. SM 2012
GAVIÑO,Mª I, Mitos griegos. Barcelona. Castalia 2014
GALLUD,E, Cuentos mitológicos de la India. Madrid. Oberon 2003