A luz divina

Deuses solares nas distintas civilzacións

Kinich Ahau

Era o deus do Sol entre os maias, "o señor do rostro solar", e ademais patrono da música e a poesía; era fillo de Hunab Ku e estaba casado con Ixchel, a Lúa.
Como divinidade, estaba relacionado co deus primixenio Itzamná, dando calor e vida aos homes, aínda que tamén se lle relacionaba coas secas.
Todos os días iluminaba o ceo, e pola noite coa forma dun xaguar, era transportado polo mundo dos mortos (a onde tamén guiaba as almas) nunha barca sagrada, convertido así nun dos nove señores do inframundo.

Tonaniuh

Os aztecas considerábano o líder do ceo. Tratábase do Quinto Sol dado que asumiu o poder cando o Cuarto Sol foi expulsado. Entón os deuses buscaron a dúas divinidades chamadas Tecusiztécatl, que era cobarde pero orgulloso de si mesmo, e Nanahuatzin que era nobre e moi pobre.
Convocáronos na pira onde se realizan os sacrificios para que se inmolasen co fin de convertirse no Quinto Sol. Primeiro meteuse no lume sagrado Tecusiztécatl pero non aguantou a dor, despois meteuse Nanahuatzin, saltou del unha chispa cara o ceo, iluminouse e converteuse no Quinto Sol chamándose Tonatiuh.
Tecusiztécatl sentiu envexa, volveuse a meter e da chispa que brotou naceu outro sol. Pero os deuses menores tiveron que matalo, quedando así convertido na lúa.

Ra

É a máxima divinidade exipcia e o deus solar por excelencia, creador dos outros deuses, de Exipto, do Nilo e dos humanos sen o auxilio doutra entidade.
Ra naceu dun ovo xurdido no interior de Nun, as augas primixenias e reinou durante moitos anos sobre Exipto. Pero disgustado pola burla á que era sometido por parte dos homes aos que beneficiara coa súa sabiduría, decidiu abandonar a terra e subir ao ceo para castigar ao xénero humano.
Con todo, acabou perdoándonos e entregou a terra aos seus fillos máis novos. Para a súa viaxe celeste o deus servíase dunha barca diurna, Mantz, e de outra nocturna, Mashkhet, sobre a cal percorría as rexións infernais, onde debía enfrentarse ás forzas do caos e saír vencedor.
LOS ANTIGUOS DIOSES EGIPCIOS

Helios

Helios era un fillo dos titáns Hiperión e Tea, _irmán de Selene, a deusa da lúa, e de Eos, a da aurora - que vivía nun pazo en oriente.

Era un rapaz de extraordinaria beleza que portaba unha coroa aurífera de poderoso brillo e conducía cada día polo ceo un carro tirado por catro cabalos ata o océano, un río de occidente a través do cal regresaba a casa. O seu fillo Faetón, ao saber que era fillo do sol, insistiu en facer unha viaxe na cuádriga pero, incapaz de controlar aos cabalos, voou demasiado baixo e queimou a Terra.

Zeus entón viuse obrigado a intervir e matou ao intrépido rapaz cun dos seus raios.

Big image

Lugh

O día do nacemento da nai de Lugh, unha druidesa chamada Biróg , anunciou a seu pai Balor, rei dos deuses do inframundo, que morrería a mans do seu propio neto. A consecuencia de tal predicción, o rei encerra á súa filla nunha torre de cristal a cargo de 12 nodrizas, pero non pode impedir que Ciann, un dos deuses lumínicos, a encontre e acaben por enxendrar trillizos.
Tras nacer estes, Balor, o seu propio avó, mandou botalos ao mar, pero Lugh sobreviviu. O neno medrou con Mannanán Mac Lyr, outro deus da luz, do que aprendeu as aptitudes e habilidades que lle deron un dos sobrenomes que posúe, “ildanach”, o dos múltiples dones, deus de todas as artes e oficios, ademais de guerreiro e feiticeiro.
Lugh pertencía ás dúas familias de deuses, os da luz e os da escuridade. Pero cando ambos bandos se enfrontaron, decidiu formar parte dos deuses lumínicos e lideralos na guerra contra os do inframundo.
Na batalla matou ao rei Balor, cumprindo así a profecía. Coa axuda da súa fonda rebentoulle o ollo que causaba a morte instantánea cunha soa mirada, sendo chamado dende ese momento "o do longo brazo".
Como deus solar, Lugh posúe un arco iris e nunha das súas representacións aparece coa lanza de teixo como raio solar do amencer.
Big image

Shamash

Chamado Utu entre os sumerios e Tammuz entre os babilonios, era o deus acadio do sol. Tamén se lle consideraba o deus da xustiza, aquel que inspirara os códigos legais aos reis de Mesopotamia como Hammurabi.
Fillo de Sin e de Ningal, viaxa polo ceo nun carro de lume guiado polo seu visir Bunene, sondeando as tebras cos seus raios, o que o convirte no ollo que todo o ve. É "o Señor da Visión" por iso forma parte dos deuses da adiviñación; ademais, como pode ver o engano, administra xustiza premiando ou castigando as accións dos humanos.
Big image