FESTIVAL XIMNÁSTICO 1957

Praza de Toros de Pontevedra

  • No ano 1957 o Instituto de Pontevedra foi proclamado Campión Nacional de Ximnasia Educativa. De volta a Pontevedra celebrouse o Festival Ximnástico como homenaxe aos alumnos que acadaron tan prezado galardón. Os trofeos pódense contemplar nas vitrinas do IES Sánchez Cantón.


  • A comunidade educativa do IES Sánchez Cantón agradece a D. Rafael Sánchez Agustino, a D. Francisco Lorenzo Torres e a D. José Lorenzo Torres o feito de poder contar hoxe con tan valioso documento.

  • A película orixinal foi rodada en Super-8.



Chama poderosamente a atención o papel protagonista que tiñan os rapaces neste importante evento deportivo que contrasta co papel pasivo de meras espectadoras asignado ás rapazas . Obsérvese así mesmo os diferentes conceptos de atuendo deportivo co que alumnos e alumnas asistían ás clases de Educación Física.


IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA


Festival Ximnรกstico na Praza de Toros de Pontevedra.1957