PABLO CACHEDA COMENTARIOS IV

ALUMNAD0 2ºE COMENTAN A VISITA DE PABLO

PREME PARA VOLTAR

GRUPO IV


  • “Clases de lo social” tanto a curtametraxe como a webserie é unha forma moi innovadora de aproximarse ao espectador xuvenil. Tanto as técnicas utilizadas como a imaxe son moi profesionais e ten moi boa calidade. Nótase a compenetración entre o equipo e os actores e ten un toque de humor que non se adoita ver nas curtametraxes. Creo que tras a realización destes proxectos hai moito traballo, e dende logo tivo as súas recompensas. Creo que vai ter moito éxito e que realmente vai ir a máis, ou iso agardo.

  • O outro día estivemos a ver unha serie de capítulos dunha web-serie, ademais dunha curtametraxe. Ambos os dous traballos foron dirixidos por un antigo alumno deste instituto, e mesmo nestes traballos aparecen estudantes actuais. Estes dous proxectos, mais sobre todo os diversos capítulos da serie, parécenme moi interesantes, pois abren portas tanto ao propio equipo que formou parte deles como tamén á propia difusión de traballos cinematográficos e audiovisuais no noso idioma (malia que a serie web utiliza como medio de comunicación o castelán).

  • Destes traballos habería que destacar o seu marcado carácter humorístico e a propia idea, que é innovadora e ademais permite facer máis cousas a partir dela, posto que non é algo que poida ter un final pechado. Ademais, nestas clases do social podemos observar situacións da vida diaria e que nos abranguen a todos, e as súas posibles solucións, que se nos presentan nunha clave meramente cómica. Porén, houbo cousas que non me gustaron moito, como por exemplo a repetición das mesmas ideas e de escenas na web que xa foran expostas na curtametraxe.
  • Para rematar, gustaríame comentar a necesidade de máis proxectos coma este, que agora son máis doados de facer, sobre todo pola facilidade que nos ofrecen os novos medios de difusión e promoción como a rede.
  • Por outra banda, onte veu ao noso instututo o director, Pablo Cacheda, que como xa dixen antes pertenceu, igual ca nós, ao Sánchez Cantón. Máis que nada veu falar dos diferentes camiños profesionais que podemos tomar nos campos que abranguen ao referido ao audiovisual e á produción, aínda que tamén falou un pouco do making-off do seu proxecto. Foi unha charla que me gustou moito, dado que puiden ver os diferentes vieiros que se poden tomar, dende o grao de audiovisuais ata o de arte dramático. Nembargantes, eu penso que faltou un pouco máis de intercambio de ideas entre el e mais nós.


  • A webserie dirixida por Pablo Cacheda conta con cinco capítulos de oito minutos cada un nos que o argumento céntrase en ofrecer consellos prácticos sobre a vida, que van dende o trato que se debe manter con desconocidos ata como facer as veigas nun bar de copas. Contan coa colaboración de Sabela Arán,Monti Castiñeiras,Xúlio Abonjo,Avelino González... e de varios alumnos do instituto.

  • A grabación das escenas realizouse nos distintos lugares de Pontevedra,co o IES Sanchez Cantón como escenario principal dos episodios.

  • Na charla de onte, Pablo Cacheda,director da web serie,un xoven con inicativas emprendedoras desenvoltas no campo audiovisual, intenta promover e incitar a todos os xóvenes a estudar nese campo tan interesante. Pareceume un xoven con moitas ilusións dando exemplo a moitos alumnos para cumprir os seus soños e traballos en mente e animalos a facelos. Pablo e toda unha inspiración para a súa xeneración.


IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA

Curso 2013-2014

GRACIÑAS, PABLO