ESOPÍAS
NO DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS
O día 12 de maio é o Día escolar das Matemáticas.
En 4º A o alumnado púxose a compoñer ESOPÍAS para celebrar este día.
- ESOPÍAS é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
Anxo González Guerra
Estas son as súas propostas acompañadas dunha suxestión musical que lles acae:
ES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014..
Nos e este , raro, complexo, en branco tenos non somos capaces, intentos, fracaso sufrimos, non. É tan dificil, pero parece xa remate fin! (James Arthur – Imposible). Daniel Piñeiro e Eduardo Aguirre..
- -Nai e chef, profe cariñosa, do mellor berce que poida imaxinar calquera, exemplo modélico. Así ti tes absoluta orde dentro da persoa MAMÁ. (Rather Be - Clean Bandit). Clara Domínguez e Sabela Rebollo.
- Mar e ceos e terra separados ao nacer, crean uns belos lugares, lonxevos, facendo incribles uns e, tan galegos, que, Galiza xa treme. Bela é (Beautiful world – Coldplay). Rosalía García e Beatriz Moreira
- Ela é miña, amiga realmente, é certo, tanto que somos únicas, é incrible, amizade duradeira. (Count on me -Bruno Mars). Rosalía García e Beatriz Moreira
- E-Ela é mala e vella pensadora un pastel malo, rúa sucia malvada, malestar, almorzo horrible, sen un son precioso non, fálase da envexa mala é (All bad- Justin Bieber). Dous sapiños.
- -Lau e Sara, belas raparigas de xenial humor van ledas riseiras fabulosas amables xeitosas, cos de Tui cant.ando como sempre. (Children of the universe-Molly). Lou e Sara.
- Son o sol, a area. Marabilla de tempo. Augas dos mares formando terribles charcas acompañan con ás esa estación coma sempre no último mes. (Trumpets, Jason Derulo). 2 sorbetes de limón.
- -Ola a toda a xente española, na escola vasca que acata medrosa, isto, só, o sabemos nosoutros xqe si. (Cinematic Orchestra Arrival of the Birds). Osiño feliz e osiño triste..
- -Voa a bela e miúda bolboreta do Xapón. Eva ti voa tamén cantando acelerada sempre, correndo, tes un don fermoso, coma corais do océano azul. (La pluie – Zaz). Paporrubio e colibrí..
- -Non é medo é loita sabiámolo ao comezo nunca sen temor soamente ilusións, anhelos, sorrisos... Se non loitamos todo morre. Só nós... Vive! (La vie en Rose, Louis Amstrong). Lucía Martínez e Eva Murio.
-Ela é para a profe imposible de anoxar cando ela quere ensinar. Esborreca calade. Estremece. Que é? Só, emoción. Coma frases en galego. (Always where I need to be-The kooks). Ptolomeo e Pitagorín..
- -Sol, días e soños alumeaban ao cantar deses que arden infernos culpables sabendo realmente que os que loitaban polo galego se senten ben, E (The Imperial March, Darth Vader theme song). Itziar Velando e Sara Garrido.
- -Ela, doce e miúda esperando ao futuro libre que todos procuran sentíndoo afastar, consegue que os que dubidan, eses, crean no galego. NOS. (Miña terra galega). Itziar Velando e Sara Garrido.
- -Eu, e máis o señor romántico do Madrid fomos ata aquel peculiar manatial cálido. Esperamos por un día distinto, pero xamais ía baixar máis. Tom e Jerry..