A AUGA

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS

O 20 de decembro de 2010, a Asemblea Xeral declarou 2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga (resolución 65/154). Nesa oportunidade, tivo en conta o papel fundamental que pode ter o Ano no fortalecemento do diálogo e a cooperación en todos os planos, e a importante contribución que pode facer ao Decenio Internacional para a Acción, «A auga, fonte de vida» (2005-2015).

Organización das Nacións Unidas

A auga é esencial para a vida. Ningún ser vivo sobre a Terra pode sobrevivir sen auga. A auga resulta indispensable para a saúde e o benestar humanos así como para a preservación do medio ambiente. A pesar diso, catro de cada dez persoas no mundo carecen de acceso a unha simple letrina e case dúas de cada dez non teñen acceso a unha fonte segura de auga potable. Os desastres naturais relacionados coa auga como inundacións, tormentas tropicais e tsunamis, teñen unha enorme repercusión na vida e o sufrimento humanos. Tamén demasiado a miúdo a seca golpea aos países máis pobres, agravando as situacións de fame e malnutrición.

Máis aló de cubrir as necesidades básicas do ser humano, o abastecemento de auga e os servizos de saneamento, así como o uso que facemos dos recursos hídricos, son factores determinantes para un desenvolvemento sustentable. Nalgunhas partes do mundo, a auga constitúe a principal fonte de enerxía, mentres que noutras desaprovéitase case totalmente o seu potencial enerxético. Tamén resulta indispensable para a agricultura e forma parte de numerosos procesos industriais e, en moitos países, supón o principal medio de transporte. No noso centro queremos reflexionar sobre a auga. Esta é un elemento indispensable no noso planeta e nas nosas vidas. Queremos afondar en aspectos como a contaminación das augas, o desxeo das zonas polares, as fontes de auga no noso planeta ou o ciclo da auga.

Tamén desde o noso contexto mais próximo, poder afondar en aspectos como: a contaminación do noso río Lagares, como é o funcionamento do muíño de auga para facer unha muiñada, canto pagamos o longo do ano no noso cole de auga e qué podemos facer para aforrar, ou os usos terapéuticos da auga pois sabemos que en Galicia existen moitos balnearios. E outros aspectos que sen dúbida, van ir xurdindo a medida que vaiamos descubrindo, reflexionando, aprendendo neste proxecto documental sobre a auga.

Dende o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística, xurde novamente a posibilidade de realizar un novo Proxecto Documental para todo o centro, dada a moi positiva experiencia do curso pasado. O Proxecto Documental crea nos nosos alumnos a motivación por aprender, e desenvolve as habilidades para buscar e xestionar a información e recursos, que lle permitan acadar os coñecementos. Por suposto, ofrece a posibilidade de compartir estes aprendizaxes, con todos os compañeir@s do noso colexio Mestres Goldar.

OBXECTIVOS

  • Crear espazos e actividades motivadoras, no contexto da escola, que inciten a saber mais.
  • Desenvolver actividades coordinadas por ciclos sobre diferentes aspectos da auga.
  • Experimentar e investigar partindo dos recursos bibliográficos e audiovisuais cos que contamos na escola.
  • Poñer en práctica actividades teatrais, musicais ou deportivas relacionadas coa auga.
  • Fomentar valores de respecto polo medioambiente e solidariedade no uso dos recursos que permitan unha mellor sostenibilidade.
  • Descubrir os diferentes usos da auga.
  • Utilizar as TICs e a lectura como fonte de consulta e como recurso para o logro das aprendizaxes.
  • Fomentar a participación e colaboración entre os compañeir@s de investigación.
  • Crear espazos e actividades motivadoras, no contexto da escola, que inciten a saber mais
  • Adoptar hábitos de traballo en grupo, favorecendo a comunicación.
  • Favorecer actividades de expresión oral en público.

RECURSOS E LIGAZÓNS

WEBQUEST




  • MUNDO AGUA (Viaje por las comunidades autónomas. Edelvives)


LECTURAS: LIBROS SOBRE A AUGA

- Cuéntame el agua: Guía de lecturas e recursos para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Selección de lecturas sobre a auga (S.O.L.)
- Gotta y sus amigas en una aventura circular (2º e 3º ciclo)
- Memorias dun río, de Antón Cortizas.


- Poemas do río, de Cristina Corral e Aurora Cascudo




CINE E
DOCUMENTAIS

- LA JOVEN DEL AGUA

- TITANIC

- TIBURÓN

- LIBERAD A WILLY

- Relación de películas presentadas en el "CINE AGUA" de la Expo- Zaragoza-2008.

MÚSICA





"El río Moldava", de Bedrich Smetana

Ver animación

CANCIÓN DEL AGUA (Infantil)

El Danubio azul (animación)

El Danubio azul (orquestra e ballet)

XOGO: ordena as viñetas para escoitar a música (Danubio azul)

MENSAJES DE AGUA (Macaco)

SE CHOVE (Treixadura)


DEBUSSY: O mar. Diálogo entre o vento e o mar, 3º mov.

GRIEG: Peer Gynt (Movemento dedicado ao mar).

THAIKOVSKY: Crebanoces, Danza das folerpas de neve.

BEETHOVEN: Sinfonía Pastoral, A tormenta

DEBUXOS PARA COLOREAR

ÁLBUM DE DEBUXOS PARA TRABALLAR ARREDOR DA AUGA

LIBRO DEL AGUA (E.I.)

XOGOS

PARA APRENDER E DIVERTIRNOS COA AUGA

PARA APRENDER E PASALO BEN

Varios xogos sobre a auga: puzzles, memory, encrucillados...

DIVERTIRNOS CON HIDROKID
e o ciclo integral da auga.

JUEGA A AHORRAR


DOCUMENTACIÓN

-A AUGA, UN RECURSO INDISPENSABLE

- A AUGA (moi completa)

- INFOGRAFÍA SOBRE O CICLO DA AUGA

- A AUGA (espazo Abalar)

- Libro dixital: "Acércate al agua" (Formato Pdf ).

- Recursos sobre el agua do portal educativo do goberno de Canarias.

- Portal AULA: el agua (enlaces a recursos educativos relacionados coa auga)

- ADIVIÑAS relacionadas coa natureza

- DÍA MUNDIAL DA AUGA:




ACTIVIDADES

INTERACTIVAS

- Limpiemos los océanos

- A auga e as súas propiedades

- El ciclo del agua

- Ríos y mares (información e xogo interactivo)

- Lim: el agua

- Os ríos I: conceptos básicos e ríos galegos (2º ciclo)

- Os ríos II: principais ríos de España e do mundo (2º ciclo)

- Los Ríos II (castelán)

- A auga no noso planeta. As súas utilidades (1º ciclo)


(galego)

(galego)

(castelán)

(galego)

ACTIVIDADES

- Caderno Educativo (Aqualia)

- Experimentos relacionados coa auga (ciclo, estados, aforro, contaminación...)

- Xogamos coa auga? (1º ciclo)

- Noaga, a auga e nós (1º ciclo) (GUÍA)

VÍDEOS

YOUTUBE

- Cuidando el agua con Gotín

- El ciclo del agua

- El ciclo del agua: Buenas explicaciones y sorprendentes imágenes para comprender mejor el ciclo del agua, las precipitaciones...

Extraído del documental de la BBC "El viaje del agua"

- Vídeo educativo sobre el agua

- Canción "Y lloverá" do grupo "Siempre así" (E. Infantil)

- Historia de una gota de agua:
Video de animacion dunha pinga de auga, coa música de "We will rock you" do grupo Queen.


OUTROS RECURSOS

- Zona infantil da páxina oficial do Decenio Internacional para la Acción «El agua, fuente de vida» 2005-2015.

- Animación sobre el agua : moi atractiva e sinxela

LÉXICO: compilación de palabras relacionadas coa chuvia. Autor: Anxo González Guerra, recollido en ogalego.eu

FASES DO PROXECTO