CLUB DE DEBATE

Crónica dunha final

Fonte da Imaxe: PontevedraViva
  • O sábado 4 de maio estivemos no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, debatendo na final galega do Clube de debate. Saímos en bus ás 08:30 de Pontevedra para estarmos alí ás 09:30 horas. Eramos Alba Vidal, Antón Pombo, Álvaro Montes, Carlos Pérez, Diego Bará, María Bará, Helena Egea, Claudia Gómez, Rubén Covelo e Xoán González. Acompañáronnos Andrés Candelón, Carlota Domínguez, Natalia Martínez, Sara de la Fuente, Carlos López, Ana Cortegoso e Sechu Suárez.
  • Tamén estiveron os profesores Xosé Manuel Calvo, Xosé Luís Janeiro, Anxo González e máis o noso titor Manuel Cortegoso.
  • Tivemos presentacións e reunímonos para ultimar a preparación dos debates. Ás 12:15 comezaron os debates. Fixemos un descanso durante a mañá, con churros e todo, e tamén para xantar. Pola tarde, dende as 16:30 ata as 19:00 estivemos no auditorio, vendo ou debatendo con outros equipos.
  • Despois da final, os compañeiros de Ferrol quixeron compartir a fin de semana nun entorno natural connosco. Deste xeito, iremos canda eles o 23 e 24 de xuño a Taramundi. Pero diso xa vos contaremos máis adiante.

IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA