ENTREGA DELF
XUÑO 2013. IES SÁNCHEZ CANTÓN
,
Félicitations!
Un ano máis o alumnado de Sección Bilingüe de Francés festexa unha nova colleita de DELFs e xa van seis promocións consecutivas de bilingües que obteñen o cen por cen de aprobados nos exames realizados polo equipo de profesores da Alliance Française capitaneados pola súa directora Véronique Calvez!
Este curso contamos coa presencia do Cónsul Honorario de Francia quen entregou personalmente os diplomas aos nosos alumnos e compartiu con nós un acto emotivo no que se bailaron danzas bretonas, se escoitou o acordeón de Amélie e se corearon as cancións de Moustaki, de Zaz e, como non, de Piaf que dende o comezo, nos prestou Je ne regrette rien como himno da nosa Sección Bilingüe.
A dirección do centro e o equipo de profesores de SB, Xan Rey (Educación Física), Jacobo L. Nespereira (Ciencias Sociais), Caroline Herth ( programa Jules Verne), Élodie Grosjean( auxiliar de conversa) e Mar Villaverde, profesora de Francés e Coordinadora da Sección Bilingüe, queren felicitar aos 55 alumnos que obtiveron unhas notas excelentes nos distintos niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A2, B1 e B2) recollendo así os froitos dun longo e intenso inverno en français.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA