Ven a SANTIAGO DE COMPOSTELA

Capital de Galicia

QUE PODO VER NUN DÍA EN SANTIAGO?

O primeiro é percorrer as rúas e prazas do casco vello para despois entrar na Catedral. Para guiarte nesta tarefa, nas oficinas de turismo de Santiago podes facerte co plano-guía oficial da cidade.

Unha vez dentro da basílica, non podes perder a oportunidade de visitar as cubertas da Catedral, onde poderás ver todos os tellados da cidade e apreciar en todo o seu esplendor a momumentalidade de Santiago de Compostela.


Tamén poderás visitar a Cidade da Cultura de Galicia (GAIAS), non podemos perdernos a súa magnífica e singular arquitectura, obra do neoyorquino Peter Eisenman. Ademáis o GAIAS programa interesantes exposicións temporais e actividades culturais.


E recomendable tamén facer un paseo hacia os principais parques e xardíns que nos ofrecen moi boas vistas da zona monumental: San Domingos de Bonaval e a Alameda. O de Bonaval cuenta ademáis con dous interesantes museos