DÍA MUNDIAL DA POESÍA
21-3-14
"O pan é máis útil cá poesía, pero como comer o pan sen o compango da poesía".
Nós imos empezar a primavera con poesía.
- Aínda que Lope de Vega dixo noutrora aquilo de ”Galicia nunca fértil de poetas”, ignorante das cantigas medievais, hoxe si podemos celebrar o Día mundial da Poesía (21-3-14) con fachenda. Somos unha das poucas linguas que ten como máximo expoñente das súas letras unha muller, a nosa Rosalía de Castro.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
Así soaba hoxe en 1º ESO B do IES Sánchez Cantón o Adiós ríos, adiós fontes.…
E así o recita a rapeira Aid que estivo o ano pasado nos noso IES
Adiós, ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quén pudera non deixar...!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar ;
para min, ¡ai !, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor ;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!