PABLO CACHEDA COMENTARIOS II
ALUMNAD0 2ºD COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
NATALIA
Hola Pablo, como creador da web serie teño que felicitarte, gustoúme moito o teu traballo. As clases do social parécenme moi entretidas e interesantes xa que aprendes solucións a situacións cotiás, outra boa idea foi contar coa colaboración de alumnos de verdade do Sánchez Cantón. Pola outra banda os personaxes principais gustáronme moito sobre todo o papel que desempeñou Santi Romai.
Algo parecido fixeron os nosos compañeiros de 4º da ESO fai uns anos, con cámaras caseiras e como escenario un cuarto do mais normal. Tamén tiñan unha trama sinxela pero ben estruturada.
Agora teño na mente todo o día a canción: "escoita ben o que che digo ven apúntate a unhas clases do social..." Un saúdo Pablo!
MARÍA APARICIO
A primeira vez que me falaron desta webserie imaxineime unha serie educativa destas que che poden por na clase e que, xeralmente, non son demasiado entretidas mais esta idea esvaeceuse ao ver o primeiro capítulo xa que as clases do social non son clases de verdade coma eu pensaba senón que tratan situacións cotiás da vida, normalmente cómicas, e nos ensinan como podemos saír ben parados, que sempre é útil.
Penso que o que lle falta a esta serie é publicidade xa que de non ser rodada no noso instituto e de non participar amigas miñas eu nunca a vería xa que nin sabía sobre que ía polo que penso que ao facerlle máis publicidade o número de espectadores subiría xa que aínda que o nome non chame demasiado o contido si, e este é o fío do que penso que debedes tirar.
Por último parabéns por acadar o que perseguías, por facer unha serie que en tan poucos minutos sexa capaz de facerte rir unhas cantas veces e moita sorte no futuro, aínda que penso que non che fará falla porque, coma sempre se di: quen vale, vale. E ti, vales.
Graciñas polo teu tempo.
IRENE
Que tal, Pablo? Debo dicir que a charla do martes foi realmente interesante, pois imaxinando que se tratarían soamente temas referidos á web serie, puiden comprobar gustosamente que non foi así, que os temas tratados foron moito máis xerais, todos eles relacionados co mundo de audiovisuais, un mundo que espertou a miña curiosidade desde que era moi pequena, pois todo o traballo que supón e a gran capacidade das persoas para crear historias imaxinarias, axudando en todos os aspectos da obra, como maquillaxe, produción, vestiario, cámara, audio...é impresionante. Nós, os espectadores, vemos o traballo completamente rematado, e desde a nosa perspectiva parece algo moi doado, pero non é así, iso conleva un gran esforzo, por esta razón é tan interesante cando se mostra esa cara oculta do traballo, podendo coñecer detalles novos. As anécdotas, os problemas que se atoparon no traballo, os momentos máis divertidos, as tomas falsas, todos estes elementos axudan a comprender perfectamente o valor do traballo que se leva a cabo e, aínda que recoñezo que non teño pensado dedicarme a unha carreira relacionada con estes temas, tamén é certo que non deixa de ser un axunto,como xa din antes, que sempre despertará o meu interese.
A web serie foi moi diferente ao que eu esperaba, en realidade non sabía moi ben o que era, pois aínda que tiña compañeiras que traballaron nela e explicáronme un pouco sobre o tema, nunca cheguei a comprendelo completamente. Por esta razón, o traballo superou completamente as miñas espectativas, e vinme na nosa aula rindo cos meus compañeiros coas divertidas situacións que todos vivimos algunha vez, pensado que se trataba dunha idea moi orixinal, sobretodo ao referente á súa emisión na red.
Anxo, como xa saberás acostumado a gardar os nosos traballos (o cal entendo perfectamente, pois eu faría exactamente o mesmo) ensinounos os videos que fixeches xunto cos teus amigos en 4º da ESO, e teño que dicir que rín moito coa miña compañeira, pois vinme reflexada no traballo xa que cando estaba no mesmo curso tiven que facer un traballo parecido, ademais comprobei o ben que se pasa na realización do traballo. Espero ver novos traballos teus moi pronto.
Un saúdo.
JORGE
Para rematar eu teño unha pregunta para ti: Como a túa serie soamente aparece na web, como en outro moitos casos nos cales teñen moito existo ou que utilizan YouTube como medio de difusión porque é gratis emitir o que queres. Cres que nun futuro que Internet comezará a ter máis relevancia que a televisión? Moitas grazas pola visita e espero que a túa serie siga tendo moita sorte no futuro. Ah tamén vimos na aula o teu traballo de 4º da ESO e penso que para ser o primeiro e naqueles tempos, estivo moi ben preparada e que foi moi divertida, sobre todo cos finais alternativos.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014