Anxo Carracedo Alvárez
Visita o IES Sanchez Cantón
O pasado mércores 14 de xaneiro tivemos o inmenso privilexio de asistir á conferencia do Dr. ANXO CARRACEDO ÁLVAREZ no Salón de Actos do IES Sánchez Cantón.
Este é o impresionante currículo do noso ilustre visitante:
- Licenciado e Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Catedrático e Director do Instituto de Medicina Legal
- Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
- Director do Centro Nacional de Xenotipado.
- Presidente de diversas sociedades de Xenética, Farmoxenética e Medicina forense
- Doutor Honoris Causa por varias universidades.
- Premio Xaime I pola investigación médica
- Premio Galien 2010 pola mellor labor investigadora
O profesor Carracedo deleitounos cunha magnífica conferencia na que falou da necesidade de fomentar a investigación e a creatividade no ensino. Cunha linguaxe clara e precisa demostrou que os avances en xenética suporán unha revolución ata agora descoñecida no tratamento e diagnose dalgunhas das enfermidades máis graves como o cancro.
- O eminente xenetista aceptou impartir esta conferencia divulgativa tras ser invitado por tres alumnos do noso centro dentro das actividades do ENDL: José Rodríguez Gago, Carlos De Frías Polo e Valentín Estévez Souto. Os tres foron invitados a participar en Galiciencia e próximamente participarán na mostra internacional Expodecerca.
- A comunidade educativa do Sánchez Cantón quere agradecer e felicitar públicamente a estes tres alumnos pola súa brillante iniciativa.
Carlos De Frías Polo
Valentín Estévez Souto.
José Rodríguez Gago
SEGUIMENTO NA PRENSA
QUERES SABER MÁIS DO PROFESOR CARRACEDO?
DISCURSO NA ENTREGA DOS PREMIOS GALIEN 2010
Discurso del Dr. Angel Mª Carracedo en los Premios Galien 2010
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014