Joaquín Carral Ortigueira
Medalla de bronce para un estudante do Sánchez na Olimpíada Nacional de Química.
O alumno do IES Sánchez Cantón Joaquín Carral Ortigueira conseguiu unha das medallas de bronce na Olimpíada Nacional de Química que se celebrou o pasado fin de semana en Oviedo. O estudante pontevedrés súmase así aos outros oito galegos que resultaron premiados nesta competición, e que foran seleccionados previamente entre 137 alumnos de Bacharelato pertencentes a 35 centros, quen participaron o 7 de marzo na fase galega da Olimpíada, organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia.
Este último colectivo destacou o «excelente resultado» dos estudantes galegos na fase nacional e recordou que esta cita académica pretende fomentar vocacións profesionais no mundo da química e desenvolver o espírito emprendedor entre os mozos..
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014