undefined
VIAXE CULTURAL A RIANXO
casa museo de Manuel Antonio
O alumnado de Literatura Galega do S. XX e da A. e mais de Literatura Universal de 2º Bach D/E visitou Rianxo o 16-10-13. Os profesores Belén Herrero, Xosé Luís Janeiro e Anxo González acompañaron a máis de 50 rapaces e rapazas que visitaron o Museo do Mar, no que aprenderon a valorar o peixe do xeito e coñeceron como se cría o mexillón. O prato forte foi a visita á Casa Museo de Manuel Antonio, obxectivo principal da visita. Tamén lle fixeron unha homenaxe a Castelao cantando a Rianxeira diante da capela da Guadalupe (canción que foi creada para homenaxear o escritor en Bos Aires). E aínda lles quedou tempo para pasear pola fermosa vila mariñeira. O alumnado e o profesorado queren agradecer ao Concello de Rianxo a acollida dispensada (especialmente aos monitores-guías). Esta excursión non sería posible sen a colaboración da ANPA “O Verxel”, grazas tamén ás nais e pais. Foi un día moi proveitoso.