GALEGUIZANDO
Eu fáloa porque sí, porque me gosta, quero e dame a gaña
FALAR GALEGO
Falar a fala nai é ter anxos na voz,
azas de pomba pola gorxa.
Voar co corazón nas longas tebras da terra;
nas estradas infindas do tempo,
nas fontes onde beben as estrelas,
nos curutos do mundo, alí onde se gardan
os segredos das pedras,
os segredos das nubes,
os segredos do vento,
que só os deuses desvelan.
Soamente na fala nai a liberdade
deixa de ser leria
e faise berro dos pobos,
laio dos séculos, música rexa,
rezo dos fortes,
dos rebeldes que os anhelos apreixan
dos mortos que morreron
coa alma acugulada de estrelas.
QUE NON CHE COMA A LINGUA O GATO
lingua
XOGO DE IMAXINACIÓN
O seguinte audio é difícil de imaxinar... pero si cambiamos castelán por galego, Madrid por Ourense, Cervantes por Castelao... entón, a situación faise máis real

profejoseantonio
imaxínate by profejoseantonio
INSTRUCCIÓNS
Se queres botarte a falar galego, segue as seguintes recomendacións

profejoseantonio
Instruccions by profejoseantonio
POEMA DE CURROS
A bisavoa Benita comparte hoxe con todos nós un dos seus poemas preferidos... un dos máis coñecidos de Curros Enriquez. Sabes cal é?
poemacurros
CANTAR DE CEGO
A historia da nosa lingua contada a partir dun romance de Dario Xohán Cabana
cantar
A NOSA HOMENAXE AOS GALEGOS DE ONTE, DE HOXE...DE SEMPRE
Os vídeos que veñen a continuación son unha homenaxe a tódolos galegos que seguiron falando e seguen a falar a súa fala nai, a fala dos avós que temos mortos...GRAZAS
longa noite de pedra
CELSO EMILIO FERREIRO: "Longa noite de pedra"
cantigas
Curros Enríquez: "Cantigas"
celsoemilio
CELSO EMILIO FERREIRO: "Deitados frente ao mar"
XOEL.MOV
MANUEL MARÍA: Lingua galega
maio
CURROS ENRIQUEZ: "O maio"
brais
MANUEL MARÍA: Prohíbese soñar
non
CELSO EMILIO FERREIRO: "Non"
Pra a Habana
ROSALÍA DE CASTRO: "Pr'a Habana"
cunqueiro
CUNQUEIRO: No niño novo do vento