PREA

Partido Revolucionario Español Activo

TI ES O QUE IMPORTA!

CAMPO DE FÚTBOL

O campo de fútbol encóntrase en malas condicións polo cal nos propoñemos cortarlle a herba cada mes , arranxar os enrreixados que o rodean e mellorar as porterías poñéndolle as redes .
Big image

ASFALTADO DAS CARRETERAS

As carreteras teñen moitos baches e prometémos asfaltar a carretera dende Fornos a Piaxe
Big image

O TRANSPORTE

Os veciños da Pena non dispoñen dun transporte público, esto ocasiona unha maior dificultade para transportarse a vila ou a cidade polo cal nós propoñemos un transporte cada dúas horas diariamente que pase pola aldea e que chegue a vila.
Big image

A ELECTRICIDADE

Nunha aldea ao contrario que nunha vila a electricidade e internet córtase con maior facilidade e tárdase moito en solucionarse .Para este problema propoñemos ter persoas encargadas de arranxar os problemas deste tipo.

TENDIDOS ELÉCTRICOS

Como mencionamos anteriormente o problema da electricidade ocasiónase en maior parte polas malas condicións destes, como solución cambiaremos todos os tendidos da aldea para que non sucedan problemas coma este.
Big image

A CONCENTRACIÓN PARCELARIA

Dende fai anos os veciños levanse quiexando sobre a mala situación das leiras xa que están moi separadas unha das outras polo cal nos propoñemos levar a cabo a concentración parcelaria, un proxecto que consistirá en xuntar as leiras dunha única persoa nun determinado lugar . Desta forma cada persoa terá todas as súas leiras nun punto.
Big image

AS ACTIVIDADES DE ENTRETEMENTO

Consideramos imprescindible facer un plan entre todas as aldeas da parroquia da Pena para un futuro proxecto deportivo de ocio e educadción. O proxecto consistirá en realizar actividades como ximnasia para os máis maiores, xadrez e outros xogos para reforzar a memoria e aprendizaxe dos veciños máis maiores e dos máis pequenos. Levaránse a cabo na escola da Pena.

A REDE DE SUMIDOIROS

Coma moitas aldeas doutros concellos, que xa contan cunha rede de sumidoiros, nós tamén queremos implantar esta ventaxa .Isto supón que os veciños non teñan a necesidade de construír fosas séticas.

ACONDICIONAMENTO DAS BEIRAVÍAS

Facilitaremos a limpeza das cunetas das catro aldeas que forman a parroquia da Pena para mellorar a imaxe e a visivilidade dos peatóns e conductores.

ÁREA RECREATIVA

Nos últimos anos esta aldea leva vivindo serios problemas coa fonte e coas mesas que se fixeron fai varios anos na aldea de Portocamiño e que tiraron os membros do concello do anterior partido que gobernou. Nós prometemos reconstruír a área para mellorar a imaxe e ter unha zona de descanso da parroquia.