SEMANA DA CIENCIA
Exposición no IES Sánchez Cantón
- Interesantes e sorprendentes fenómenos e experimentos os que o alumnado do IES Sánchez Cantón puido observar entre o 19 e o 22 de Maio. A exposición plantéxase como unha visita guiada na que o alumnado de 2º BAC explicou os distintos fenómenos e experimentos a observar nos numerosos stands ubicados no vestíbulo do centro.
- A exposición foi visitada conforme ó calendario organizado polo Dto. de Física co profesorado dos distintos niveis educativos.
- Agradecementosde toda a comunidade educativa ó profesor D. José Manuel Dapena Márquez pola súa magnífica idea e a impecable organización desta actividade que nos achega ó mundo da ciencia para divulgalo e facelo accesible: unha necesidade imperiosa na nosa sociedade, mesmo no eido educativo
ES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014.