PABLO CACHEDA COMENTARIOS I
ALUMNAD0 2ºE COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
GRUPO I
- Tanto a curtametraxe como a webserie de Pablo Cacheda encantaronme son divertidas e propoñen cousas que moitos de nos, os adolescentes pensamos e, como di a curta precisamos de alguén que nos axude nesos temas.
- Doutra banda, a presentación que fixo onte fronte os alumnos de 2º de bacharelato gustoume , foi amena e ensinounos dunha maneira moi sinxela de que consta unha rodaxe e que hai que facer se queres chegar a ser unha desas persoas que traballan con relación ao cine. Xunto con isto, penso que ao dares outra opción de estudar outras cousas que unha carreira pareceume moi ben xa que moitos ven a primeira posibilidade como algo inalcanzabel.
- Esta webserie “Clases de lo social a tempo” de Pablo Cacheda paréceme moi divertida e entretída, ese ton humorístico nestas situacións que pódense dar facilmente na realidade ou na nosa vida ou na dalgún coñecido, encaixa perfectamente cos personaxes e na súa interpretación, a pesar de que as curtas non son do meu gusto, o chegar a miña casa despois de velas en clase, encendín o ordenador e púxen os capítulos que non habíamos visto na clase, animo o director a que siga nesta dirección e faga máis curtas, eu seguireina seguro!
- En canto a exposición de onte de Pablo Cacheda, aínda que non é unha saída na que esté interesado, gusóume moito, e pareceume moi interesante, xa que dende sempre fun afecionado o cine, creo que Pablo supo explicar moi ben o seu traballo e o dos demáis, como se realizou a webserie e como chegou a donde chegou tan so nos 45 min de exposión, pareceume entretida e interesante.
- Estes días nas clases de literatura galega estivemos a ver unha curtametraxe galega, así coma a súa continuación na webserie. A verdade é que tanto a curtametraxe coma os capítulos me pareceron moi entretidos, inda que eu xa os vira anteriormente o día do seu estreno no instituto Sánchez Cantón.
- A idea das clases do social pareceume moi orixinal, e en xeral os capítulos foron moi divertidos, malia que algún deles é moi similar ao corto.As actuacións dos actores son moi boas, sobretodo a de Santi Romay, que é o que máis humor aporta á serie.Os personaxes dos profesores tamén me gustaron moito, porque cada un ten a súa propia personalidade.
- Esta visita pareceume moi interesante porque nos desmostrou que cunha boa idea e con moitas ganas pódese conseguir o que queiras, só hai que propoñerllo á persoa indicada no momento xusto.
- Tamén nos ensinou as diferentes etapas da realización dun filme e as diferentes persoas que interveñen nelas, inda que nalgúns casos sexan traballos moi desagradecidos, así coma os estudos que debemos cursar para conseguilas.
- A web serie é moi entretida. É unha idea novidosa e orixinal. A plataforma na que se emite é moi sinxela de acceder, polo que a súa difusión debería ser óptima. Para nós fáltalle un toque de humor, xa que as veces faise aburrida.
- No tocante a presentación exposta polo director, gustounos bastante. Estivo moi ben e permitíunos coñecer máis cousas sobre as rodaxes ata o de agora descoñecidas. Faltou un pouco máis de tempo no que poder facer preguntas que el por si mismo non comentou, como por exemplo a financiación. Tamén o feito de que nos amosase as carreiras ou ciclos para acceder aos postos que se desenvolven na rodaxe foi interesante.
- Penso que todos agradecemos a súa visita, foi moi instructiva e coido que debe seguir facendo máis temporadas da webserie.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014