O teu corpo crece
Tema 3
As etapas da vida.
Ao longo da nosa vida , as persoas cambiamos e pasamos por varias fases que reciben o nome de etapas da vida . Estas etapas son :Infancia , adolescencia , xuventude ,madurez e ancianidade .
- Infancia : A infancia comprende a etapa que vai desde o nacemento ata os 12 anos.
Durante a infancia , o corpo crece moi rápido .Aprendemos a andar , a falar , a ler e a escribir .Ao chegar ao final desta etapa facémonos máis independientes
- Adolescencia . A adolescencia abarca desde os 12 aos 15 anos .
Durante esta etapa , as diferenzas entre os rapaces e as rapazas comezan a ser moi evidentes .Por exemplo , a os rapaces empézalles a saír peluxe e ás rapazas desenvólvenselles as mamas .
- Xuventude : A xuventude comprende desde os 15 aos 25 anos .
Nesta etapa , as persoas crecen de forma máis lenta , ata que o corpo queda totalmente desenvolvido.
- Madurez: A madurez abarca desde os 25 aos 70 anos .
Nesta etapa o corpo deixa de crecer . As persoas en idade madura adoitan traballar , formar unha familia e ter fillos.
- Ancianidade : A ancianidade empeza , , máis ou menos , aos 70 anos.
Nesta edtapa as persoas adoitan ter o pelo branco , e os seus ósos e músculos son máis débiles .Porén , a súa sabedoría é enorme , pola grande experencia acumulada durante a súa vida.
Os hábitos saudables
Os hábitos saudables :
- Alimentación : A clave para alimentarse da forma máis adecuada é tomar alimentos variados todos os días.Entre eles , as froitas e as verduras son especialmente importantes .
- Exercicio físico : O exercicio físico aumenta a nosa forza , axilidade e resistecia .Ademais, mellora o funcionamento dos órganos do interior do noso corpo , como o corazón .
- Hixiene : Algunhas medidas de hixiene persoal son lavar as mans antes de cada comida , lavar os dentes despois de cada comida e ducharse con frecuencia.
- Descanso : Para estar e activo é necesariodescansar entre nove e dez horas ao día . Desta maneira , o corpo e a mente recupéranse da actividade diaria.
- Postura : Para coidar as túas costas, senta recto e apóiate ben no respaldo da cadeira, coloca a mochila sobre os dous ombros e evita cargala con demasiado peso.
Os alimentos
Que teñen os alimentos?
Cada tipo de alimento está formado por unhas substancias máis sinxelas , chamadas nutrientes.
Algúns nutrientes proporciónannos materiais para que o noso corpo creza e se renove , outros axúdannos a estar sans principalmente .
Os nutrientes que achegan materiais:
O noso corpo obtén dalgúns alimentos os nutrientes que necesitamos para crecer e reparar zonas que se desgasta ou rompen , por exemplo , cando facemos unha ferida.Estes nutrientes chámanse proteínas .
Algúns alimentos ricos en proteinas son as carnes , os peixes , os ovos o leite e os seus derivados , e legumes como as lentellas ou os garavanzos.
Os nutrientes que axudan a estar sans:
As vitaminas e os minerais axudan a que o noso corpo funcione adecuadamente e evitan a que enfermemos .
Están presentes sobre todo nas froitas e verduras , e tamén no leite e os seus derivados, como o iogur.
Os nutrientes que achegan enerxía:
Hai dous tipos de nutrientes que proporcionan enerxía ao noso corpo . Son as graxas e os hidratos de carbono .
- Os alimentos que conteñen graxas son o aceite ou a manteiga.Algunhas carnes e peixes tamén achegan moitas graxas .
- A maioría dos hidratos de carbono atópanse en alimentos de orixe vexetal , como as patacas , o arroz , a pasta o pan ou o azucre.
A dieta saudable
A dieta é conxunto de alimentos e bebidas que toma unha persoa cada día.
Para seguir unha dieta saudable debemos incluír na nosa alimentación todos os nutrientes necesarios . É dicir , debemos tomar proteínas , vitaminas , minerais , hidratos de carbono , graxas e por suposto auga.
Segundo a súa idade e a súa actividade física , cada persoa necesita unha dieta diferente.Un neno que está crecendo e é moi activo non necesita os mesmos nutrientes ca un ancián.
Pero como podemos saber que alimentos debemos tomar e en que cantidades ?
A pirámide dos alimentos infórmanos sobre como alimentarnos correctamente.
- Os alimentos da base debemos consumilos todos os días e en maior cantidade ca o resto.
- Os alimentos da zona media da pirámide debemos tomalos varias veces á semana.
- Os alimentos que están na parte superior debemos tomalos só de cando en vez e en pequenas cantidades.
Consellos para unha boa alimentación
A nosa saúde sairá gañando se, ademais de ter en conta as recomendacións da pirámide dos alimentos , seguimos estes consellos:
- Debemos comer só o necesario e evitar as graxas , xa que o corpo acumula o que lle sobra e iso é malo para a saúde.
- Non debemos comer menos alimentos dos que o noso corpo necesita, porque se nos faltan nutrientes podemos enfermar.
- Debemos realizar cinco comidas ao día : Almorzo , mediamañá, comida, merenda e cea, e evitar comer entre horas.
- O almorzo é a comida máis importante , xa que nos proporciona a enerxía necesaria para toda a mañá.