Primeira lingua estranxeira: Inglés
Guía da materia
BENVID@S!
É aplicable ao curso de 3º da ESO do curso 2015-2016.
Nela explicamos basicamente a estrutura do curso.
UN NOVO CONCEPTO DE ENSINO-APRENDIZAXE
A sociedade está cambiando a un ritmo vertixinoso e a Revolución Tecnolóxica ten moito que ver con iso. Como consecuencia, o lóxico é que estes cambios se vexan reflectidos no ámbito escolar.
Durante o ano académico 2015-2016 introduciremos na materia de inglés un sistema de ensino-aprendizaxe sen papel. O alumnado xa non terá que cargar con libros nin libretas, posto que se utilizarán dinámicas, inspiradas polos métodos de aprendizaxe non formal, e novos soportes, baseados principalmente no emprego das TIC.
Cal será a estrutura do curso?
DESTREZAS E COMPETENCIAS
En cada unidade didáctica estudaranse e practicaranse as catro destrezas do inglés: parte de expresión escrita (writing), expresión oral (speaking), comprensión oral (listening), comprensión escrita (reading).
TEMARIO DO CURSO
- 1. Join The Art Parade!
- 2. United in Diversity
- 3. Have a Nice Trip!
(present perfect with just, already, yet, for and since)
- 4. Think Global, Shop Local
- 5. Communicatiing
(defining and non-defining relative clauses, whose/who’s, who/which/that)
- 6. The Earth's Future Is in Our Hands!
(future forms, will and might, zero and first conditional)
- 7. Let's Celebrate!
(second and third conditional, when/unless)
- 8. Monuments
(passive: present and past)
- 9. Breaking News
(past perfect, reported speech, reporting verbs)
AVALIACIÓN
Terase moi en conta a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións e nas actividades de aula que se farán diariamente, que contarán un 40% da nota trimestral, xa que serán vitais para o seu proceso de aprendizaxe.
Ademais da asistencia e da participación activa, ao final de cada unidade farase unha proba avaliable, co cal en cada trimestre realizaranse tres probas avaliables cun peso do 60% na nota trimestral: avaliación da primeira unidade 10%, da segunda 20% e da terceira 30%. Estas probas non teñen que ter necesariamente formato de exame, senón que ben poden ser algún proxecto ou actividade individual ou grupal.