Idade Contemporánea
Por Inés Aguín Ares
Os inicios
Comezou a finais do século XVIII. Cos seguintes acontecementos:
- Revolucións políticas, en moitos países as persoas empezaron a revelarse contra as monarquías absolutas, a máis importante foi a Revolución francesa. Comexou en 1789 cando a xente do común empezou a esixir os mesmos dereitos ca os grupos privilexiados.
- Revolución industrial, a invención da máquina de vapor, as primeiras fábricas, o desenvolvemento do ferrocarril e todos estes acontecementos fixeron florecer o comercio.
Transformacións do século XIX
- Aparición de réximes políticos parlamentarios, o poder dos reis reduciuse e pasou a máns dos representantes dos cidadáns. Nalgúns países a monarquía absoluta foi substituída por una república.
- O avance da industrialización, no século XIX os tallleres artesáns foron remplazadas por grandes fábricas.
- Os cambios na organización da sociedade, no século XIX os donos das fábricas e os grandes propietarios de terra formaban as clases altas, e os campesiños e os traballadores das fábricas formaban as clases baixas.
Século XX e XXI
- Avances técnicos, a invención de máquinas e o aproveitamento de novas fontes de enerxía como a electricidade permitiron o desenvolvemento industrial.
- Avances nas comunicacións, como o teléfono ou internet, e nos transportes, como o avión ou o automóbil.
- Tamen se produciron grandes avances políticos e sociais.
- Hoxe moitos países teñen réximes políticos democráticos.
En españa
Evolución política
- A Idade Contemporánea comezou en España en 1808, cando Napoleón Bonaparte, que gobernaba en Francia conquistou o país.
- O pobo Español revelouse e comezou a Guerra da Independecia contra os franceses.
- Creuse un goberno parlamentario en España durante a guerra e creouse a primera constitución que foi aprobada en Cádiz en 1812.
Despois da vitoria contra os franceses en 1814
- O rei Fernando VII anulou a Constitución de Cádiz e restableceu a monarquía absoluta.
- En 1833 subiu ao trono a súa filla Isabel II, e estableceu unha monarquía parlamentaria, só os cidadáns máis ricos podían votar.
- En 1868 estalou unha revolución que ampliou os dereitos políticos dos cidadáns.
- En 1873 estableceuse unha república que solo durou un ano.
- En 1874 restaurouse a monarquía parlamentaria que acabou recoñecendolle o voto a todos os homes.
Transformacións económicas e sociais
A economía española caracterizouse polos seguintas aspectos:
- A importancia da agricultura.
- Unha revolución industrial tardía e lenta. Había fábricas en Cataluña e o País Vasco, en Andalucía e Asturias a minaría desenvolveuse moito.
- A revolución dos transportes, a partir de 1850 construíronse as primeiras liñas de tren.
- A finais do século apareceron clases sociais, como a burguesía e a clase obreira.
Cultura e arte do século XIX
Produciuse unha gran difusión da cultura escrita, aumentou o número de lectores e a publicación de libros e xornais. Xurdiron importantes xornalistas como Larra, poetas como Bécquer e Zorrilla, ou novelistas como Carín e Pérez Galdós.
Creáronse novos estilos arquitectónicos:
- Neoclasicismo, tiña os elementos da arte clásica de Grecia e Roma.
- Arquitectura do ferro, o material empregouse para levantar grandes edificios.
Tamén se crearon novas formas de arte, o cine e a fotografía.
O xornalista, Larra
O poeta, Bécquer
O novelista, Pérez Galdós
España no século XX
As primeiras décadas
Entre 1900 e 1936, España viviu unha época de grandes cambios e transformacións. Destacaron:
- Un intenso e rápido desenvolvemento industrial, a partir de 1900 había máis produción e traballo nas fábricas e apareceron novas industrias.
- Grandes cambios sociais, aumentou a emigración do campo á cidade.
- Graves problemas políticos, a monarquía parlamentaria non solucionou os problemas e producíronse numerosas folgas e protestas.
En 1931 proclamouse a Segunda República:
- Estableceuse un sistema de goberno democrático, todos os cidadáns tiñan os mesmos dereitos e as mulleres obtiveron o dereito ao voto.
- Puxéronse en marcha grandes reformas sociais para melloras as condicións de vida. En 1930 produciuse unha grave crise económica que causou problemas sociais.
Guerra Civil e ditadura
En 1936 un grupo de militares rebelouse contra a República e estalou a Guerra Civil.
O conflito durou ata 1939 e causou moitos mortos e graves perdas económicas.
Tras a vitoria dos rebeldes Francisco Franco impuxo unha ditadura.
Esto supuso moitos cambios:
- Suspendeu as liberdades e os dereitos políticos.
- Foi un periodo de atraso económico que durou ata a década de 1960.
La dictadura franquista
Século XXI
Transición e comerzos
En 1975 morreu o xeneral Franco, e Xoán Carlos I foi proclamado rei de España.
A partir dese momento:
- Iniciouse a Transición democrática durante a que se restableceron as liberdades e os dereitos políticos en España.
- En 1978 os representantes dos cidadáns aprobaron a Constitución.
- Produciuse unha gran modernización económica e social de España. Creceron os servicios, os comercios e a educación.
- En 1986 España integrouse na Comunidade Económica Europea, a actual Unión Europea.
Arte e cultura no século XX
O inicio do século coñécese como a Idade de Prata, por ser un periodo de esplendor cultural, en que destacaron:
- Desenvolvemento da literatura, os autores da Xeración do 27.
- O traballo de importantes científicos.
- A adoptación de novos estilos artísticos como o cubismo, en que destacou Picasso, e o surrealismo, como Dalí.