A Actividade Económica
Traballo de Pablo, Sheila e Alex
Definición
A economía é a ciencia que estuda calquera proceso mediante o cal obtemos os produtos e mais os servizos que cobren esas necesidades.
Fases da Actividade Económica
- Produción
- Distribución
- Consumo
Necesidades e desexos
- Son infinitos, pero os medios para conseguilos son limitados.
- A xente debe decidir, cos seus medios: que bens e servizos producir; a que prezo; que cantidade; que medios empregar; a que prezo vender.
Sectores económicos
- Primario: obtén bens do medio natural.
- Secundario: transforma produtos do primario.
- Terciario: non produce un ben material, senón que ofrece un servizo.
Conceptos básicos
- Beneficio: diferenza entre gastos e ingresos.
- Ben: obxecto que satisface necesidade e ten valor.
- Servizo: satisface necesidade e non é un obxecto físico.
- Custo da vida: gastos mínimos indispensables; medido co IPC.
- Inflación: subida dos prezos.
- Investimento: diñeiro para iniciar ou manter un negocio.
- Especulación: obter beneficio rápido baseado na variación dos prezos.
- Mercado: lugar de xuntamento de oferta e demanda.
- Produción: bens e servizos xerados pola actividade económica.
- PIB: (produto interior bruto) valor total de todos os bens e servizos dun territorio.
Axentes da actividade económica
- PERSOAS: participan na produción e son consumidores.
- EMPRESAS: producen bens ou servizos a cambio dun beneficio económico. Tipos:
- Públicas ou privadas.
- Por número de traballadores.
- Segundo o número de propietarios.
- ESTADO: elabora leis para regular a actividade económica; dá subvencións; crea empresas; presta servizos; crea empregos... Pero necesita recadar impostos: directos (IRPF), indirectos (IVE) e especiais (hidrocarburos, bebidas alcohólicas e tabaco)
Factores produtivos
- TRABALLO:
- Actividade humana (física - intelectual)
- Poboación activa (parados - ocupados)
- Poboación inactiva (estudantes, xubilados)
- Traballadores (conta allea, autónomas e cooperativas)
- Condicións laborais en España: +16 anos
- Contrato de traballo: temporais ou indefinidos
- Negociacións entre Estado, Patronal (empresarios) e Sindicatos (traballadores)
- O Paro:
- Tipos: cíclico ou conxuntural, estacional, estrutural ou tecnolóxico.
- Provoca: menos consumo, menos impostos e máis gastos
- RECURSOS NATURAIS: as empresas utilizan recursos renovables e non renovables.
- CAPITAL: elementos non naturais necesarios: físico, humano e financieiro.
- TECNOLOXÍA: procedementos para producir bens e servizos (produción manual, mecanizada e tecnificada)
- SABER FACER
Sistemas económicos
- É a maneira en que se producen bens e servizos en sociedade e como se distribúuen os beneficios entre eles.
- Sistema de subsistencia: As familias producen para eles, o que necesiten.
- Sistema comunista: O Estado controla toda a actividade económica.
- Sistema capitalista: é un sistema libre, de propiedade privada, coa lei de oferta-demanda, de libre competencia, e que o obxectivo é sacar o máximo beneficio.
- Desviacións:
- Monopolio: unha soa empresa ocúpase da produción e a venda.
- Oligopolio: ocúpanse varias empresas da actividade.
- O Estado está obrigado a intervir para evitar grandes desequilibrios.