Videoconferencia con Onalaska
dende o IES Sánchez Cantón
- O pasado luns 10 de febreiro tivo lugar na biblioteca do centro unha sesión de videoconferencia entre alumnos de 4º ESO A e 1º Bacharelato A co alumnado do grado 11 equivalente a 1º de Bacharelato do instituto de secundaria estadounidense Onalaska High School, en Onalaska (Wisconsin). A iniciativa de levar a cabo esta actividade xurdiu do alumnado de 1ºBAC A, coa colaboración de D. Antonio Caballero Javierre do Departamento de Inglés e da Biblioteca do centro, O principal motivo da actividade é a estadía do noso alumno Andrés Pérez Martínez, no devandito centro de Wisconsin como becario da Fundación Barrié durante o presente curso escolar.
- Onalaska é unha vila de 18.000 habitantes situada no oeste do estado de Wisconsin, na beira do rio Mississipi e é fronteiriza co estado de Minnnesota na rexión do Medio-oeste. A Onalaska High School conta con mais de 700 alumnos que cursan estudos equivalentes a segundo ciclo da ESO e Bacharelato.
- Durante esta actividade, que tivo unha duración dunha hora e quince minutos, o noso alumnado tivo a oportunidade de facer unha serie de preguntas, previamente preparadas na clase de lingua inglesa, ós seus compañeiros de Wisconsin sobre o seu entorno xeográfico, vida escolar, tempo de lecer e diversos aspectos culturais. Asemade puideron compartir cos seus corresponsais as súas impresións e vivencias neses mesmos ámbitos.
- Na actividade participaron alumnos norteamericanos das clases de banda de música e escritura creativa coordinados polos seus profesores Mr. Dawson Strutt e Mrs. Kiranjeet Kaur respectivamente. Compre salientar que os alumnos de banda agasallaron aos nosos alumnos con dúas pezas do seu repertorio que habitualmente interpretan para amenizar as competicións deportivas dos equipos da súa high school.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
Web da Onalaska High School
- Andrés é becario da fundación Barrié de la Maza. (Sentímolo Andrés pero non temos no centro unha foto túa máis recente...)
- O próximo curso tres alumnas do centro participarán neste mesmo programa
Breve escolma dalgúns momentos desta interesante conversa
Primeiras palabras de Andrés dende Onalaska. Xa case parece un alumno americano!
andres
Non podía faltar a consabida pregunta sobre o tempo. E nós que pensabamos que estamos a ter un mal inverno!
weather
...e Wisconsin onde queda exactamente?
wisconsisn
E Onalaska? Máis que nada para facernos unha idea un pouco máis precisa...
situation
Quen ía imaxinar que interpretarían unha peza de banda especialmente para nós?
banda
A ver, se tes 16 anos e vives en Onalaska que estudas no instituto, ou mellor dito na High School?
subjects
E tedes moitas actividades extraescolares?
activities
E aparte de estudar e facer tantas cousas, algunha vez saídes de festa?
celebrations
E ti Andres, con sinceridade, botas de menos Pontevedra, aínda que sexa só un pouco?
Canto nos botas de menos?