EVA MURIO MOURE
nos Campeonatos de Europa sub-17 de badminton en Ankara
A COMUNIDADE EDUCATIVA FELICITA A EVA POLA SÚA ESPECTACULAR CARREIRA DEPORTIVA
Somos conscientes do seu esforzo para compaxinar esta intensa actividade cos seus estudos
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014.
...Un paso máis na súa ilusionante carreira deportiva é o que deu a pontevedresa Eva Murio ao ser convocada pola selección española de bádminton para disputar, a partir do sábado, o Campionato de Europa sub-17 que se levará cabo na cidade turca de Ankara.
Unha convocatoria cun dobre valor porque se produce no primeiro ano como sub-17 da xogadora pontevedresa que en 2013 proclamouse campioa de España de mixtos sub-15, facendo parella co ourensán Miguel Barbado, e subcampioa do cadro individual no torneo celebrado en Vegadeo. «Leveime un gran alegrón », recoñece cando a piques de facer as maletas para afrontar a súa primeira competición internacional, polo que «todo será absolutamente novo», explica moi ilusionada...
Fonte: Diario de Pontevedra