EVA MURIO MOURE

nos Campeonatos de Europa sub-17 de badminton en Ankara

A COMUNIDADE EDUCATIVA FELICITA A EVA POLA SÚA ESPECTACULAR CARREIRA DEPORTIVA

Big image

Somos conscientes do seu esforzo para compaxinar esta intensa actividade cos seus estudos

Eva Murio Moure, alumna de 4º ESO foi convocada, para participar co equipo Nacional de Bádminton no campeonato de Europa sub 17 na cidade Turca de Ankara do 15 - 23 de Marzo de 2014.

IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA

Curso 2013-2014.

Big image
Big image

...Un paso máis na súa ilusionante carreira deportiva é o que deu a pontevedresa Eva Murio ao ser convocada pola selección española de bádminton para disputar, a partir do sábado, o Campionato de Europa sub-17 que se levará cabo na cidade turca de Ankara.

Unha convocatoria cun dobre valor porque se produce no primeiro ano como sub-17 da xogadora pontevedresa que en 2013 proclamouse campioa de España de mixtos sub-15, facendo parella co ourensán Miguel Barbado, e subcampioa do cadro individual no torneo celebrado en Vegadeo. «Leveime un gran alegrón », recoñece cando a piques de facer as maletas para afrontar a súa primeira competición internacional, polo que «todo será absolutamente novo», explica moi ilusionada...


Fonte: Diario de Pontevedra

PARA LER MÁIS SOBRE EVA

Big image