TARXETAS GALARDOADAS

  • Como xa puidemos ver durante as pasadas vacacións do Nadal, este curso tivemos dúas categorías diferentes de tarxetas para felicitar as festas á comunidade educativa: o formato tradicional e, como novidade, o formato dixital.
  • O certame, coma sempre, foi convocado polo GNL, o Departamento de Educación Plástica e Visual e a ANPA.

Os gañadores foron:

ALEXANDRE PEDROSA RODRÍGEZ. 4º ESO. Formato tradicional

LUCÍA MARTÍNEZ SÁNCHEZ-GABRIEL. 1º BAC. Formato dixital

Lucía e Alexandre recibiron os parabéns do director, D. Eladio Otero e foron obsequiados cunha axenda e un bolígrafo que podedes ver nas fotos e que esperamos vos animen a participar nas vindeiras convocatorias.
Big image
Big image
Big image
Big image
Big image
Big image
Big image