Portfolio da materia
Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras
O sistema de avaliación desta materia está basado na creación dun portfolio dixital individual (con formato blog). En lugar de ter un exame, farase un seguimento exhaustivo do proceso de aprendizaxe a través do blog. Esta ferramenta presenta certas vantaxes e inconvenientes, xa que permite adquirir as competencias dunha maneira gradual, e deixa liberdade ao alumnado para reflexionar sobre a propia aprendizaxe e sobre os aspectos que máis interesantes lle resultan, ademáis de fomentar a creatividade e a orixinalidade, e o traballo colaborativo (sobre todo a través da participación noutros blogs mediante comentarios). Por outra parte, require ser constante e dedicarlle bastante tempo, tanto por parte do alumnado como do docente, especialmente se o estudante quere implicarse e elaborar os seus propios materiais.
OBXECTIVOS
- Presentar os resultados de aprendizaxe
- Reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe e autoavaliarse
- Enriquecer a avaliación da aprendizaxe (importancia tanto dos resultados como do proceso)
Estrutura
Dosier
Nesta categoría incluirei descripcións e explicacións sobre as actividades que faremos na aula, incluíndo os resultados das mesmas e unha breve reflexións persoal sobre o desenvolvemento das tarefas.
As entradas etiquetadas como "dosier" publicaránse xeralmente cunha frecuencia semanal ou por cada sesión.
Diario
Neste apartado, escribirei reflexións ou notas sobre os contidos da materia, temas que xurdan na clase que me parecen interesantes, ou que non xurdan e crea que son relevantes ou debates inacabados na clase por falta de tempo.