Ferramentas de comunicación oral
Desenvolvemento do traballo colaborativo a través de DDMM
A m-Comunicación
A m-Comunicación preséntase como unha práctica social de produción e apropiación tecnolóxica desenvolvida a partir da difusión masiva de dispositivos móbiles multifuncionales de comunicación. O propio dispositivo móbil, ben sexa o smartphone ou a tablet/Ipad, videoconsola, etc. xenera o soporte da m-Comunicación.
De ser un dispositivo de comunicación one-to-one o teléfono adoptou novas formas xa experimentadas na web (one-to-many, many-to-many, etc.). Os dispositivos móbiles de terceira xeración integran diferentes modalidades de comunicación, dende as máis masivas e públicas (recepción televisiva) ata as máis personalizadas (intercambio de mensaxes). Entre ambas modalidades existe un amplo espectro de formas posibles de comunicación e intercambio que ningún outro dispositivo tecnolóxico ofrece de maneira integrada. En certa forma, a nova xeración de dispositivos móbiles está máis preto dos ordenadores portátiles que dos teléfonos tradicionales; por este motivo, tamén se lles podería considerar un metadispositivo o un metamedium, un concepto utilizado no seu momento por algúns investigadores para definir a web.
A modo de síntesis pódese dicir que a mComunicación é un fenómeno que se ubica na confluencia dunha serie de propiedades e funcións:
- Ubicuidade e portabilidade (comunicación anywhere, anytime).
- Converxencia de funcións, medios e linguaxes (metamedium).
- Integración de modelos comunicativos (broadcasting, unicasting, multicasting, etc.).
- Bi- e multidireccionalidade (consumo/producción de contenidos).
- Contidos e servizos diseñados en función da localización.
Comunicación sincrónica
Comunicación sincrónica. Definimos como sistema sincrónico, aquel que nos permite unha comunicación en tempo real entre os participantes da mesma. Como por exemplo: unha conversa telefónica, chat, videomensaxería e mensaxería breve, que ofrecen os distintos canles de comunicación a través das apps.
Comunicación asincrónica
Vantaxes e desvantaxes da m-Comunicación
Vantaxes:
- As interaccións e conversas poden ser almacenadas e recuperadas nos dispositivos móbiles
- Facilitan a comunicación intercultural
- A facilidade de uso implica máis comunicación e flexibilidade.
Desvantaxes:
- Falta de expresión físicas, por falla de interacción persoal, de ahí a proliferación dos emoticonos.
- Tecnoloxía imperfecta: dificultade no uso pola lentitude das conexións ou sistemas.
- Problemas sincrónicos: nalgún momentos non é doado seguir o fío ou thread da conversa.
Comunicación, colaboración e escoita activa
Neste módulo traballaremos a discusión ou debate con dous tipos de interacción fundamentais dende un punto de vista educativo:
- Programa de radio. Recurso e canle moi importante dende un punto de vista didáctico de traballo colaborativo.
- Mesa redonda sobre boas prácticas con ddmm. Videomensaxería coas súas aplicacións educativas.
Para saber máis
Autoría
Centro autonómico de Formación e Innovación
Xunta de Galicia
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.