ENCONTRO BIBLIOTECAS ESCOLARES

Participación do IES Sánchez Cantón

FACER ARTE PARA LER O MUNDO

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 tiveron lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. O noso centro foi convidado a participar para expoñer algúns materiais que viñemos elaborando ao longo destes últimos cursos. “Facer arte para ler ou mundo” que foi o título da nosa charla, serviu para facer un percorrido xunto aos asistentes á mesma e repasar brevemente proxectos inesquecibles como os traballos realizados para o Salón do Libro, as actividades en torno ao proxecto “Máis que Caras” coa exposición dos mandís realizados polo alumnado TIC e os obradoiros de esmaltes para nais e profesoras. Falamos, como non do proxecto do curso pasado en torno á memoria e as lembranzas que tiña o lema “Somos o que lembramos e tamén o que esquecemos. E por suposto estivo presente o noso marabilloso mural da biblioteca que por fin remataremos este curso.

PODES VER A ESCOLMA DE MATERIAIS NESTA LIGAZÓN


Non esquecemos as instalacións no vestíbulo cos deseños gráficos que Jaime Eizaguirre Santillán, ex alumno do noso centro, realizou para as campañas de lectura compartidas con máis de 100 centros de toda a comunidade.

É tanto o que temos que aprender das habilidades que aportan as ensinanzas artísticas: conéctannos de novo coas emocións, ensinándonos a aprender dos nosos erros, posibilitan respostas diferentes ante unha mesma proposta de reflexión,, facilitan espazos onde de novo son posibles a maxia, a sorpresa e o asombro. Todo iso e moito máis aprendemos nos múltiples traballos que foron agromando ao longo de todos estes cursos e que tanto aportaron á nosa comunidade educativa.

Ningunha delas tería sido posible sen a presenza da nosa querida compañeira Carmen Pernas á que todos valoramos tanto polo seu talento e a súa inesgotable xenerosidade.

Grazas Carmen e grazas a todos os que fixeron posibles estes proxectos que podedes ver nesta breve escolma.


Charo Sánchez-Gabriel

Coordinadora da Biblitoeca Escolar

IES Sánchez Cantón