AID
A NOSA RAPEIRA FAVORITA
70 rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO pasárono de marabilla o venres 25 no Pricipal coa rapeira AID.
Axiña empezaron moitos a seguir cos brazos erguidos o ritmo das cancións con letras da grande Rosalía de Castro. E ao final coas cancións da propia AID xa se puxeron de pé, xa cantaron e bailaron.
Un comportamento de 10 sobre 10. E de sobremesa todos os que quixeron fixeron fotos coa rapeira, asinoulles lembranzas.
E claro, tamén co Diyéi, que disque namorou a moitas. As fotos con ela e con el circularon arreo polos móbiles.
Graciñas á Editorial Galaxia e á Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra por nos agasallar con este recital.