PARTICIPAMOS NO PREMIO PROYECTA
Baixo a coordinación da profesora Verónica Rodríguez
PROYECTO EDITORIAL m4v
O martes día 21 de outubro celebrouse en Arteixo, no Museo Santiago Rei Fernández-Latorre, a entrega do 1er premio da Fundación Proyecta " Barxas emprende: creación dunha editorial"
Barxas Emprende é un proxecto creativo e interdisciplinar que consiste na creación dende cero dunha empresa editorial de libros infantís ilustrados realizados por alumnado baixo a coordinación dun equipo de docentes de varias materias. Deste xeito crearase un álbum ilustrado que será impreso e difundido, gratuitamente, a todas as Bibliotecas Escolares de Galicia. Tamén levaranse a cabo unha serie de actividades de animación á lectura relacionadas co libro editado. Os premiados son oito amigos e compañeiros docentes de diversas disciplinas unidos para desenvolver unha tarefa creativa e didáctica.
Obxectivos? : traballar todos por un soño, axudar ao alumnado nesta ardua tarefa que é a aprendizaxe. Intentando motivar, creando proxectos, buscando a innovación e a renovación, ao mesmo tempo que a formación.
O IES As Barxas conta coa participación doutros catro centros educativos e de 150 estudantes de 3º e 4º curso ESO, entre eles alumnado do noso centro xunto á profesora Verónica Rodríguez Marticorena. Os libros producidos, que poderán ser utilizados en varias asignaturas, implicarán a utilización de ferramentas de deseño gráfico e técnicas innovadoras de escritura, e estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés.
PRESENTACIÓN DO PROXECTO E DO ALUMNADO
Presentación
PODEDES SEGUIR O PROXECTO DENDE ESTE BLOG
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2014-2015.