MOBILIZA ROSALÍA

Día de Rosalía de Castro 2016 , 24 de febreiro de 2016

Agasalle un libro en galego e unha flor



Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

MOBILIZA ROSALÍA

Wednesday, Feb. 24th, 10pm

Santiago de Compostela, Galiza. CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN

Elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.

Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta porque o millo medre,

canta!

Canta porque a luz te escoite,

canta!

Canta que fuxeu a noite.