PontePoética
na biblioteca do IES Sänchez Cantón
- Mañá de gala na Biblioteca do Sánchez Cantón. Grazas a PontePoética -representada polo pintor e ex-profesor Antón Sobral- 4 grupos de alumnos puideron achegarse á nosa poesía. O poeta -ademais de investigador, catedrático da USC, doutor Honoris Causa pola Universidade da Bretaña francesa- Claudio Rodríguez Fer recitou os seus poemas, cantou un romance feito para a ocasión e conversou co alumnado.
- Nun ton moi próximo, dedicando algúns poemas a alumnas e alumnos que traballaron sobre a súa obra, chamando polos seus nomes a outros foinos facendo partícipes das súas mensaxes poéticas. Mesmo recitaron todos un poema coral.
- A maioría tardarán en esquecer esta experiencia.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Conmovedor poema: a derradeira lección da mestra
A derradeira lección da mestra. Claudio Rodríguez Fer