" TOUJOURS ET UNE ROSE"
Ceremonia de entrega dos DELF 2012
- Coincidindo co 5º aniversario da Sección Bilingüe en francés no IES Sánchez Cantón o pasado mércores 27 de maio tivo lugar unha celebración especial que levou por título "Toujours et une rose".
- Os alumnos compartiron co público as cancións e as danzas francesas que foron traballando durante este curso. Jacques Brel, Édith Piaf e danzas tradicionais francesas e bretonas acompañaron a ceremonia de entrega dos Diplomas de Estudios en Lingua Francesa que por quinto ano consecutivo o alumnado superou con resultados excelentes.
- A Directora da Alianza Francesa, entidade colaboradora co ministerio francés de Educación, entregou os DELF nos diferentes niveis establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia, dende o A2 ata o B2.
- A Sección Bilingüe en francés do Sánchez Cantón desenvólvese nas materias de Historia, Educación Física e Economía en 4º da Eso e en 1º de Bacharelato e confirma unha vez máis a aposta decidida do Sánchez Cantón por unha educación pública de calidade que inclúe sen dúbida a competencia lingüística do seu alumnado.