E DE NOVO ALBERTO!

FLAMANTE PREMIO NACIONAL DE BACHARELATO

Fonte da imaxe: Voz de Galicia

  • Alberto Escobar Rivas, alumno pontevedrés que cursou os seus estudos no noso centro, o IES Sánchez Cantón de Pontevedra e que resultou o pasado ano gañador dun dos Premios Extraordinarios de Bacharelato da nosa comunidade volveu encontrarse co éxito que fai xustiza á súa enorme categoria como alumno avantaxado e mellor persoa ao proclamarse gañador absoluto do Premio Nacional de Bacharelato (2011-12) realizado a nivel estatal polo Ministerio de Educación e Ciencia.

  • Alberto Escobar encóntrase na actualidade cursando o 1º curso de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

  • Achegamos copia da acta oficial do Ministerio de Eduación, na que participaron 134 alumnos de todo o territorio do estado español que para acceder a concursar neste premio tiveron antes que ter obtido un dos premios extraordinarios de bacharelato nas súas comunidades repectivas.

Pontevedra, domingo 17 de febreiro de 2013

Eladio Otero López
Director do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA