HABILIDADES CIENTÍFICAS
Xogando coa ciencia, aprendendo para a vida .
Propóñome observar as habilidades científicas que poñen en práctica os meus alumn@s para levar a cabo 4 sinxelo experimentos.
PRÁCTICA Nº 1: ACUARIO DE REFRESCOS
Os propios alumn@s se organizaron entre sí para traer o material necesario que nos prermitira realizar a práctica. Traballando en equipos de 4 fixeron as súas hipóteses sobre o que pasaría coas latas ó metelas na pecera. Tras contrastar ideas procedemos a realizar a práctica , observar os resultados facer un pequeno informe da experiencia
HABILIDADES OBSERVADAS:
- Predecir
- Farecer hipóteses
- Observar
- Interpretar
- Relacionar
- Deducir
- Comunicar
PRÁCTICA Nº 2: TORRE DE CORES
Esta é unha variante da torre de cores que fixemos na clase fai apenas un par de semanas.Estabamos aprendendo sobre a materia e as súas propiedades e realizamos varios experimentos relacionados co tema, entre eles unha columna de densidades. Como se trata dun experimento moi parecido, non considerei necesario volver a repetilo, pois as habilidades utilizadas son as mesmas.
Para a realización desta actividade proporcioneilles aos alumn@s un enlace en Internet onde explicaban paso a paso como realizala.Traballando en equipos de 4, con todo o material sobre a mesa, e cun portátil para poder acceder á web, pedínlles que se organizaran para levala a cabo.
HABILIDADES OBSERVADAS
- Planificar
- Usar instrumentos
- Usar modelos
- Comparar
- Evaluar os resultados
- Interpretar
- Comunicar
PRÁCTICA Nº 3: PLANO INCLINADO
Nesta práctica pedínlles aos alumnos que buscaran na clase superficies lisas que nos puderan servir para facer de plano, e que discurriran posibles fórmulas para irlle engadindo gradualmente máis inclinación. En vez de canicas usamos pelotas gof, que tiñamos na clase doutra actividade, e axudámonos do cronómetro do meu teléfono.
HABILIDADES OBSERVADAS
- Comparar
- Deducir
- Predecir
- Medir
- Usar instrumentos
- Observar
- Comunicar
- Buscar información
PRÁCTICA Nº 4 : BUZO
Esta última práctica fíxolles especial gracia, e foi sen dúbida a máis divertida. Para facela máis interesante usamos botellas distintas a do modelo, sabendo que posiblemente non funcionaría( Como así foi). Valémonos dun vídeo de Youtube para contestar á pregunta guía.
Pero non nos demos por vencidos á primeira e fomos modificando variables para intentar logralo: quitar auga, encher a botella de todo, coa botella cerrada, coa botella aberta, cunha botella máis pequena...
HABILIDADES OBSERVADAS:
- Predicción
- Deducción
- Colaboración
- Modificar variables
- Observar
- Comunicar