A IDADE MODERNA
Hecho por: Marta Iglesias Álvarez
A IDADE MODERNA EN EUROPA
GRANDES CAMBIOS NO SÉCULO XVI
-Descubrimientos xeográficos: outros países, como Inglaterra ou Portugal, exploraron as costas de África e Asia, buscando metais preciosos e outras materias primas.
-Desenvolvemento do comercio: A exploración de novos territorios xerou grandes riquezas e o crecemento das cidades. Nelas xurdiron bancos e compañías comerciais.
-Aparición das monarquías absolutas: os reis europeos aumetaron o seu poder á custa da nobreza. A partir do século XVIII o poder dos reis creceu aínda máis.
-Novas correntes relixiosas: o cristianismo dividiuse entre católicos, que obedecían o Papa, e protestantes, que seguían as ensinanzas de Lutero e outros relixiosos.
A SOCIEDADE DA IDADE MODERNA
-Rei: era a máxima autoridade de cada reino. Dirixía o goberno e era o único que podía posuír un exército.
-Nobreza e a Igrexa: eran grupos privilexiados, que posuían gran parte da terra e non pagaban impostos. A nobreza e o clero debían axudar o rei no goberno.
-Xente do común: era o grupo social máis numeroso e debía pagar impostos. Formábao:
-Burgueses: eran os habitantes das cidades que se enriqueceran co comercio.
-Artesáns: vivían nas cidades e organizábanse en gremios, como na Idade Media.
-Campesiños: Non adoitaban ter terras e traballaban as da nobreza e a Igrexa.
O DESENVOLVEMENTO CULTURAL
-Renacemento: desenvolveu nos séculos XV e XVI. Artistas e pensadores, como Leonardo , Miguel Anxo ou Rafael, rescataron moitos elementos da cultura grega e romana da Idade Antiga.
-Barroco: no seculo XVII, foi unha época de grande avance da literatura, a ciencia e a pintura. Destacaron artistas como Rubens, Rembrant ou Velázquez. En arquitectura adoptouse un estilo moi recargado nos adornos.
-Ilustración: no seculo XVIII, foi unha da corrente de pensamento que reivindicou a razón e a ciencia como motores do progreso. En política defendía a fin do absolutismo e a participación cidadá no goberno.
A IDADE MODERNA EN ESPAÑA
OS COMEZOS DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
Reforzaron o seu poder fronte aos nobres e crearon unha monarquía autoritaria, de forma que os reis se converteron na máxima autoridade militar e xudicial.
No século XVI, España alcanzou un gran poder baixo os reinados de Carlos I e do seu fillo Filipe II.Estes reinos gobernaron un gran imperio. Carlos I herdou extensos territorios en Europa e iniciu a colonización de América. Filipe II ampliounos coa conquista das illas Filipinas.
Ambos mantiveron longas e custosas guerras en Europa contra os protestantes, que se estenderon durante o século XVII.
O SÉCULO XVII E O SÉCULO XVIII
-As longas e custosas guerras en Europa arruinaron a economía da Monarquía Hispánica.
-Diminuíu a poboación por efecto das crises na agricultura e de epidemias como a peste.
-Producíronse graves rebelións políticas. En 1640, Cataluña e Portugal, que entón estaba gobernado polo rei español, rebeláronse e iniciouse unha longa guerra.
En 1700 o rei Carlos II morreu sen descendencia e comezou a Guerra de Sucesión ao tono español, en que saíu vitoroso Filipe de Anjou. O novo monarca introduciu importantes reformas e unificou as leis de todos os reinos cos Decretos de Nova Planta.
A finais de século, Carlos III aplicou as ideas da Ilustración no seu goberno. Creou as Reais Academias para fomentar a ciencia e as Reais Fábricas para impulsar a economía.
A SOCIEDADE E A CULTURA
-Nobreza e o clero: eran grupos privilexiados. Posuían gran parte da terra e non pagaban impostos. A Igrexa tivo grande importancia na América española, onde fundou misións para estender o catolocismo entre os indíxenas.
-Xente do común: tiña que pagar impos. Aínda que os burgueses enriqueceron grazas ao comercio con América, a maior parte dos campesiños e os artesáns vivían en condicións de pobreza.
No século XVII, a pesar da grave crise, España viviu unha etapa de esplendor cultural, que se coñece como o Século de Ouro. Nesta época xurdiron grandes pintores, como Velázquez, Murillo ou Zurbarán. Na literatura destacaron autores de teatro, como Lope de Vega; de novela, como Cervantes, e de poesía, como Góngora e Quevedo.